Notas de prensa

Convocado un concurso para promocionar a marca Artesanía de Galicia

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño promove esta acción para divulgar esta marca nos locais comerciais e introducir no mercado interior productos de cinco artesáns galegos. Elaborarase un rexistro de comercios que incorporen esta marca galega.

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño –dependente da Consellaría de Innovación e Industria– abre un concurso por procedemento aberto para divulgar a imaxe da marca Artesanía de Galicia nos locais comerciais de todo o país. Tal e como se anuncia no Diario Oficial de Galicia do martes 22 de abril, os interesados en presentar ofertas teñen de prazo ata o 7 de maio e poderán consultar os pregos de prescricións técnicas e condicións administrativas na páxina web www.artesaniadegalicia.org.

O traballo será realizado por catro persoas que se distribuirán estratexicamente en cada unha das provincias galegas para percorrer os puntos de venda de obxectos de agasallo, decoración, deseño, etc. que xa usen ou que poidan usar no futuro a marca Artesanía de Galicia, e dos cales elaborarán un rexistro. Os adxudicatarios deberán realizar unha tarefa de asesoramento a estes establecementos sobre o cumprimento da normativa para o uso e control tanto da marca coma do material de promoción, ao tempo que deberán detectar os malos usos que se estean a realizar. O servizo completarase cun seguimento mensual e cun asesoramento telefónico con posterioridade ás visitas realizadas. O orzamento dispoñible para a realización destes traballos –que se desenvolverán entre o 1 de xuño e o 30 de novembro de 2008– será de 40.000 euros.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (letras_gallegas_padron_08.jpg) En el acto de homenaje a Xosé María Álvarez Blázquez en Padrón, Pérez Touriño propuso "convivencia" para las lenguas que, al igual que los ciudadanos que las usan "no deben limitarse a coexistir, sino que tienen que convivir", lo que "implica compartir espacios en libertad e igualdad". Considera que cualquier intento de escindir a la ciudadanía por causa de lengua es "en vano, estéril y está condenado al fracaso".
Foto de la tercera plana (curso_de_doblaje.jpg) Las voces en gallego de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly o John Malkovich se reciclan en el taller de doblaje y lengua promovido por el Consorcio Audiovisual de Galicia. En los más de 20 años de historia de la CRTVG se ha considerado el doblaje como un elemento normalizador y normativizador esencial.

Notas

s conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca e Asuntos Marítimos asinaron un convenio para a realización de obras de acondicionamento da biblioteca e das pistas deportivas.
Convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, o galardón premia a obra Catro esquinas con 800 euros e a publicación do relato que evoca o pasado, presente e futuro feliz ou atormentado de varias personaxes.

Editorial

Maio festeiro: Coinciden nesta fin de semana dúas festas importantes para Galicia. Unha, a ...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información