Notas de prensa

O IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta, da Coruña, gaña a I Liga Galega de Debate

Os gañadores viaxarán, xunto con outros compañeiros do seu centro, ao Parque Warner Bros de Madrid e recibirán tamén un ordenador portátil. Os integrantes do equipo finalista, do IES Becerreá, levaron videoconsolas. Silvia Fernández, do IES Rosalía de Castro de Santiago, nomeada mellor oradora da competición.

O equipo do IES Ramón Menéndez Pidal-Zalaeta, da Coruña, converteuse no gañador da I Liga Galega de Debate, unha competición intelectual con formato deportivo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Como finalista quedou o equipo que representaba ao IES Becerreá, do concello lucense do mesmo nome.

O equipo campión foi galardonado cunha viaxe de fin de semana ao Parque Warner Bros en Madrid e un ordenador portátil para cada integrante do equipo. Ademais, outros 40 alumnos do seu mesmo centro terán tamén esa mesma viaxe. O outro equipo finalista desta competición obtivo unha videoconsola para cada integrante do equipo. A Dirección Xeral de Xuventude repartiu tamén agasallos para a mellor oradora da competición, que recaeu en Silvia Fernández Castro, do IES Rosalía de Castro de Santiago, que levou unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles; e para o segundo mellor orador, Jorge Pan Varea, do colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, que foi premiado cun reprodutor Mp4 de 4 Gb.

¿Debe primar a seguridade pública fronte á liberdade individual?. A partir deste tema arrincou a I Liga Galega de Debate, na que competiron un total de 23 centros educativos de toda Galiza. O obxectivo: fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición, é dicir, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos se enfrontan defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema.

Máis e mellor competición

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, foi o encargado de clausurar esta mañá, logo do acto de entrega de premios, a primera edición desta competición dialética. Na súa intervención Cela salientou a grande acollida que a iniciativa tivo entre os centros educativos e entre os estudantes, o que fixo que a convocatoria resultase todo un éxito. Ademais, Rubén Cela avanzou que o seu departamento traballará a reo para que esta competición teña continuidade no tempo e para acadar que a vindeira edición todo sexa “máis e mellor”. A posta en marcha de iniciativas deste tipo son, a xuízo do director xeral de Xuventude, unha oportunidade única para que os mozos poidan aprender unha actividade beneficiosa para a súa formación integral, ao tempo que teñen a ocasión de dar a coñecer as súas opinións e experiencias sobre a actualidade do país.

Certame único

A I Liga Galega de Debate é unha competición sen precedentes no país, unha actividade con formato deportivo e contido intelectual na que tomaron parte máis de 100 estudantes de todo o país, o que a convertiu tamén nun punto de encontro para mozos e mozas de toda Galiza. Trátase dunha actividade clave para a formación integral dos estudantes, na que poderán desenvolver capacidades útiles para a súa vida académica, profesional e persoal.

Na I Liga Galega de Debate, estudantes de 1º e 2º de Bacharelato das catro provincias galegas tiveron a oportunidade de facerse escoitar, demostrar o seu potencial e vivir unha experiencia única fóra das aulas. Dende Xuventude considérase esta iniciativa un complemento perfecto para a formación dos mozos e mozas á marxe dos seus plans de estudo, xa que os debates permiten o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais como a expresión oral, o traballo en equipo, a busca de información, o saber falar en público, o respecto ou a tolerancia.

Cada equipo de debate estivo composto de catro debatentes e un capitán. Dos catro debatentes, dous actuarán como oradores e dous como investigadores, funcións que poderán variar dun debate a outro.

Toda a información sobre a I Liga de Debate está nas páxinas web www.ligadedebate.com e en www.xuventude.net.

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, 2008-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (letras_gallegas_padron_08.jpg) En el acto de homenaje a Xosé María Álvarez Blázquez en Padrón, Pérez Touriño propuso "convivencia" para las lenguas que, al igual que los ciudadanos que las usan "no deben limitarse a coexistir, sino que tienen que convivir", lo que "implica compartir espacios en libertad e igualdad". Considera que cualquier intento de escindir a la ciudadanía por causa de lengua es "en vano, estéril y está condenado al fracaso".
Foto de la tercera plana (curso_de_doblaje.jpg) Las voces en gallego de Meryl Streep, Woody Allen, Tom Hanks, Gene Kelly o John Malkovich se reciclan en el taller de doblaje y lengua promovido por el Consorcio Audiovisual de Galicia. En los más de 20 años de historia de la CRTVG se ha considerado el doblaje como un elemento normalizador y normativizador esencial.

Notas

s conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca e Asuntos Marítimos asinaron un convenio para a realización de obras de acondicionamento da biblioteca e das pistas deportivas.
Convocado pola Casa da Xuventude e a Agrupación de Libreiros de Ourense, o galardón premia a obra Catro esquinas con 800 euros e a publicación do relato que evoca o pasado, presente e futuro feliz ou atormentado de varias personaxes.

Editorial

Maio festeiro: Coinciden nesta fin de semana dúas festas importantes para Galicia. Unha, a ...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información