
Climántica, o proxecto educativo sobre o cambio climático posto en marcha pola ConsellerÃa de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible o 8 de febreiro de 2007 converteuse, no seu primeiro ano de vixencia, nun modelo de referencia a nivel estatal e internacional.
O programa da ConsellerÃa de Medio Ambiente obtivo o recoñecemento da Oficina Española de Cambio Climático, organismo estatal que o cualificou como proxecto singular en España e modelo a seguir na educación e comunicación fronte ao cambio climático. Como tal, presentouse nun seminario sobre educación e participación fronte este fenómeno que se celebrou en Córdoba en maio do pasado ano.
Na mesma liña, utilizouse o proxecto na formación de expertos de educación ambiental celebrado no Centro Nacional de Educación Ambiental en Segovia.
Climántica ten, ademais, traspasado fronteiras. No ámbito internacional, a ConsellerÃa de Medio Ambiente estableceu unha colaboración coa Universidade Pedagóxica de La Habana, mediante o que se establecerá unha experiencia piloto en Ciudad Escolar Libertad, pequena cidade que é un polÃgono de experimentación da educación cubana. O director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández, desprazouse ata a cidade caribeña para expoñer o proxecto, que estivo apoiado cunha exposición sobre o cambio climático.
Climántica nas escolas e na universidade
O primeiro contacto do programa de cambio climático coa docencia tivo lugar mediante un curso de formación para mestres sobre a primeira das unidades didácticas de Climántica denominada Cambia o clima?, na que participaron 72 profesores. Posteriormente, o programa ampliouse con novas unidades e outro material didáctico; entre eles un traballo que permitiu a creación dunha rede de “Meteoescolas”, na que participan 150 colexios de Galicia que remiten os seus datos a MeteoGalicia.
Climántica, durante o seu primeiro ano de funcionamento, contou coa participación de arredor de 6.000 estudantes de 152 centros de toda Galicia.
Na universidade, o proxecto educativo de Medio Ambiente tivo tamén presenza mediante o desenvolvemento dun curso de posgrado de especialización, no que participaron 50 profesores.
Web exitosa
O proxecto de Climántica exprésase na súa totalidade en internet, a través da súa propia paxina web, á que se pode acceder mediante a través de Medio Ambiente: http://medioambiente.xunta.es. No seu primeiro ano de existencia, a web ten recibido a visita de 40.985 internautas dos cinco continentes, o que é unha mostra máis da grande repercusión deste proxecto educativo do cambio climático.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.