
O conselleiro de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, afirmou que na sociedade española, durante os últimos trinta anos, a maior parte dos conflitos entre normas civÃs e conviccións relixiosas, en termos xurÃdicos e de convivencia, téñense producido por novos debates sociais, pola educación e pola inmigración. Méndez Romeu asegurou tamén que o marco xurÃdico, constitucional e laico significa “un avance” e que, segundo a experiencia dos últimos 30 anos, “é marco suficiente para a resolución de conflitos”. O conselleiro fixo hoxe estas declaracións durante a clausura das xornadas Democracia e relixión organizadas pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Méndez Romeu explicou que a sociedade española, a diferenza das do seu contorno, foi bastante homoxénea xa que estivo conformada ao longo de moitos séculos por un mesmo sistema de valores. Só nos tres últimos lustros comezan a chegar –segundo o conselleiro- continxentes importantes de persoas que proceden de contextos culturais e relixiosos diferentes. Por este motivo, Méndez Romeu afirmou que se produciu unha confrontación co sistema de valores da sociedade española e, ás veces, co sistema xurÃdico da mesma.
Neste sentido, o conselleiro afirmou que a presenza de continxentes de emigrantes con outros valores relixiosos obriga a unha definición moito máis axustada ao texto constitucional dos mecanismos polos que se actúa e polo quefacer cotiá das Administracións e dos servizos públicos. Neste sentido, Méndez Romeu concretou que se a Constitución proclamou formalmente un estado laico, tamén é certo que durante tres décadas, no mundo institucional e público, deuse a persistencia de prácticas e de usos que dificilmente se correspondÃan cunha visión dunha Administración e duns poderes públicos totalmente laicos e alleos a calquera tipo de interpretación relixiosa. Por este motivo, segundo o titular de Presidencia, a inmigración é o que está a producir de xeito máis claro a revisión de moitos dos preceptos que ata agora non eran obxecto de cuestionamento.
O conselleiro dixo tamén que os novos valores que propoñen os continxentes de inmigrantes, ás veces, confrontan cos sistemas que se consideran parte do acervo democrático. Probablemente – subliñou o conselleiro- no futuro haberá que defender con máis vehemencia que o imperio da lei civil é o único que pode dar lexitimidade suficiente fronte a interpretacións derivadas dunha visión de multiculturalismo que non pode significar desenvolvementos paralelos con independencia dos sistemas de valores que iso poida significar. “Trátase de temas moi complexos dende o punto de vista xurÃdico e social e con repercusións na sociedade polÃtica e nos servizos públicos”, asegurou.
Novos debates e educación
Méndez Romeu declarou que tamén hai novos debates que xurdiron recentemente no contexto da extensión dos dereitos civÃs, os cales foron froito da modificación da sociedade española. O conselleiro referiuse deste xeito ao regulamento de unións afectivas entre persoas do mesmo sexo, á interrupción voluntaria do embarazo, aos coidados paliativos, á morte digna e aos problemas derivados das novas técnicas de reprodución asistida. Neste sentido, o conselleiro subliñou que son debates nos que conflúen problemas xurÃdicos, de bioética, nos que se confrontan os avances da ciencia coa revisión de determinados conceptos que parecÃan inmutables como a vida ou a morte ou cos dereitos persoais. Méndez Romeu, afirmou que son asuntos que actualmente parece necesario recoñecer e darlles carta de natureza legal con todo o que significa en materia de dereitos e de recoñecementos ante terceiros. O titular de Presidencia mencionou ademais dos conflitos que se dan no ámbito educativo en relación coa relixión e puxo como exemplo da recente polémicas xurdida pola materia de educación e convivencia.
Constitución Española
Méndez Romeu lembrou que no século XX a sociedade española querÃa semellarse ás sociedades occidentais e ter unha Constitución baseada na lei civil, na separación da Igrexa e do Estado, mentres que en tempos anteriores, como no século XVI, España era un paÃs católico dende o punto de vista da súa sociedade e da identificación desa sociedade cun sistema de valores relixioso. Neste sentido, o conselleiro subliñou que a Constitución Española de 1978 fala brevemente da relixión e da libre elección da formación relixiosa e moral. Méndez Romeu puxo asà de manifesto que esta Constitución garante –no seu artigo 16- a liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto sen máis limitacións que a orde pública. Establece tamén –segundo o conselleiro- que ninguén será obrigado a declarar sobre a súa ideoloxÃa, relixión ou crenzas e que ningunha confesión terá carácter estatal, inda que os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.