Notas de prensa

Novo paso adiante para a organización do Campeonato do Mundo de Hóckey a Patíns

Asinado o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, o concello de Vigo e as Federacións Española e Galega de Patinaxe para a organización deste evento deportivo que se celebrará en xullo de 2009.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, destacou, durante o acto de presentación do Campionato do Mundo de Hóckey 2009, a necesidade de unir “grandes eventos a actuacións dedicadas a acadar unha maior implantación desa modalidade deportiva”. Desta forma, no caso concreto deste mundial de hóckey sobre patíns, que terá lugar en Vigo e Pontevedra (subsede) no mes de xullo do 2009, son varias as actuacións emprendidas dende a Dirección Xeral para o Deporte: “Vai máis aló dun acontecemento de relevancia mundial, e por iso as nosas actuacións paralelas están dirixidas a levar este deporte a outros municipios, grazas as escolas, así como a implantación do patinaxe dentro do noso programa Deporte na Escola, cara ao ano 2009, xusto coincidindo coa disputa do campionato”.

A conselleira aproveitou a súa presenza en Vigo para desexarlle a mellor das sortes á cidade neste importante momento, no que está a loitar por converterse en sede da Universiada 2013: “Este mundial debe servir como anuncio para dicirlles que somos quen de organizar grandes eventos, que imos facer un gran traballo e que por organización e apoio social teremos un grande éxito”.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ãnxela Bugallo, asinou un protocolo de colaboración co Concello de Vigo, na persoa do tenente de alcalde, Santiago Domínguez, co presidente da Comisión Xestora da Real Federación Española de Patinaxe (RFEP), Carmelo Paniagua, e o presidente da Federación Galega de Patinaxe, Enrique García Raposo, co obxecto de iniciar o proxecto de organización deste evento.

Pola súa parte, Santiago Domínguez amosou a súa “satisfacción porque unha vez máis” Vigo vai poder demostrar a súa capacidade organizadora” e asegurou, en relación á cita deportiva, que “non imos defraudar”. Ademais o tenente de alcalde recordou que Vigo ten unha relación moi especial co hóckey a patíns, grazas ao torneo Cidade de Vigo (que cumpre 25 anos neste momento) e o club Vigo Stick.

O presidente da Federación Española de Patinaxe, Carmelo Paniagua, agradeceu a presenza da conselleira no acto e volveu a asegurar que “o Mundial de Hóckey sobre Patíns de 2009 vai ser o mellor Mundial da historia”. Pola súa parte, o presidente da Federación Galega, Enrique García Raposo, destacou o programa que realizará, xunto coa Dirección Xeral para o Deporte, para promover este deporte.


Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, 2008-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (20260608-parlamento.jpg) Tivo lugar a xornada 'Deputados por un día', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxías. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
Foto de la tercera plana (vivenda-2023-02.jpg) A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxístico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartíronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.

Notas

O XX aniversario do Festival Arteficial segue collendo forma de xeito inmellorable. Tras os encontros e concertos celebrados a finais de mayo na provincia de Ourense, a organización fai un balance extraordinario da acollida do público. Cidades e espazos singulares como Auriense, El Pueblo, Secret Bridge e, de forma moi especial, a Granxa D'Outeiro, foron as testemuñas do éxito absoluto destas presentacións.
Dar resposta aos retos derivados do envellecemento da poboación nas áreas rurais da fronteira entre España e Portugal é o obxectivo central do proxecto Activa Rural Transfronteirizo, no que participan 17 institucións e entidades destes dous países, entre as que se atopa a Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES