José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo, e José Luis Méndez López, director xeral de Caixa Galicia, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha do Plan Estratéxico provincial.
Segundo o texto asinado, o Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia (CIEF), un dos organismos de maior prestixio do Estado, será o encargado de preparar esta ferramenta, “unha precisa radiografÃa da situación da provincia de Lugo, un diagnóstico que poña de manifesto razoadamente as súas fortalezas, debilidades, ameazas e oportunidades, asà como os posibles tratamentos para mellorar e potenciar a saúde socioeconómica de todos os lucenses”.
O presidente da Deputación de Lugo destacou “que esta provincia precisaba dun plan estratéxico como este, serio e ambicioso, porque a Lugo non lle sobra tempo. Temos case catro anos para remontar o tempo perdido e hoxe, entre todos, cumprimos un dos compromisos adquiridos no meu discurso de investidura e que marcará un antes e un despois no desenvolvemento provincial”.
Gómez Besteiro fixo fincapé en que despois de saldar débedas históricas da Deputación, chegou o momento de construÃr: “Na primeira etapa deste equipo de goberno estivemos cicatrizando feridas que habÃa abertas, tendendo pontes que non estaban feitas. Agora trátase de construÃr cousas pensando claramente no futuro e unha delas é isto: o Plan Estratéxico. Para nós é un obxectivo prioritario, por iso facémolo da man de quen sabe facelo porque non queremos perder tempo”.
O director xeral subliñou que “queremos contribuir a la elaboración del Plan Estratégico para abordar de forma conjunta con todos los agentes sociales un foro que permita reflexionar sobre las debilidades y fortalezas que se observan en la provincia. Con una meta: transformar a la provincia en un territorio mejor articulado y más eficiente que permita mejorar la calidad de vida de sus ciudadanos”.
A necesidade da realización dun Plan Estratéxico que analice a realidade actual da provincia -e que despois indique as medidas máis axeitadas para potenciar o seu desenvolvemento- xurdiu doutra iniciativa na que participan a Deputación e Caixa Galicia, o Foro Prolugo, no que tamén toman parte a Universidade de Santiago, o Concello, a Federación de Comercio, a Confederación de Empresarios, a Cámara de Comercio, a Fundación CEL e sindicatos.
Dende este foro constatouse a necesidade de promover a análise, a reflexión e o intercambio de experiencias, opinións e coñecementos sobre a situación da provincia, unha demanda que pretende solucionar este Plan Estratéxico.
O Plan Estratéxico de Lugo, que abranguerá o perÃodo 2008 – 2013, baséase no compromiso e cooperación pública e privada dos principais axentes económicos e sociais da provincia, e a participación e colaboración cidadá na construción dun futuro de progreso para os municipios lucenses.
Doutra banda, segundo a información achegada polas institucións promotoras, o orzamento para elaborar esta ferramenta cÃfrase en 240.000 euros durante os anos 2008 e 2009, a razón de, aproximadamente, 168.000 euros neste ano e 72.000 euros no seguinte.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.