A Fundación Luís Tilve celebrou unha nova xuntanza do seu Foro Claridade, a cal tivo lugar no Salón do Club Internacional de Prensa. Nesta ocasión debateuse, a través dunha mesa redonda, o tema “Pobreza e exclusión: alternativas”, que é, a súa vez, a problemática prantexada no derradeiro número da Revista Claridade.
A mesa redonda abriu cunha breve presentación de Roxelio Pérez Poza, Secretario da Fundación Luís Tilve, para seguir coas intervencións de representantes de distintas asociacións que se enfrontan a diario con esa lacra social, raíz da exclusión, que é a pobreza, os cales coñecen de cerca o problema e as diferentes alternativas para afrontalo, moderados polo economista e membro do Consello de Redacción da Revista Claridade Manoel Barbeitos Alcántara, quen expuxo tamén os seus puntos de vista.
Na súa intervención Estela Mouriño Senande, coordinadora de UNICEF-Galicia, subliñou como hoxe en día a infancia está sendo maltratada a nivel mundial pola globalización, e cómo a súa situación está moi lonxe de teren rematado co sufrimento (10 millóns de nenos morren anualmente por causas de doenzas facilmente curables); namentres que Anxo Queiruga Vila, Presidente de COGAMI, defendeu, que para a necesario integración das persoas con minusvalía é necesario rachar co enfoque da discapacidade vinculada ao concepto de asistencia pasiva e substituilo por conceptos de integración e de participación activa na vida económica e social. A súa vez, Victoriano de la Torre Cancelo, representante de Amnistía Internacional-Santiago, subliñou que nos achegamos ao 60º aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e, malia isto, a arela de acadar un mundo libre da miseria e do temor segue sen se converter en realidade para millóns de persoas que viven na pobreza e ás que se lles nega de xeito sistemático practicamente os seus dereitos humanos. Por último, Xosé Montes Pérez, Director da Sección de Santiago de CARITAS, dixo que non teríamos que estar falando de pobres senón de empobrecidos, é dicir, as situacións de pobreza non son creadas por situacións inxustas dunha sociedade moi consumista que non é capaz de ver aos que quedan no camiño. .
Tralas intervencións, cedeuse a palabra aos asistentes abríndose un interesante coloquio. No acto foron repartidos aos asistentes exemplares do derradeiro número da revista CLARIDADE.
El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

