Notas de prensa

A Deputación de Lugo aporta 100.000 euros ó POP en Prevención de Riscos que se imparte en Ciencias

O Presidente da entidade provincial e o Reitor da USC asinaron en Humanidades un convenio de colaboración.

A Deputación Provincial de Lugo financiará con 100.000 euros unha parte do Programa Oficial de Posgrado en Prevención de Riscos Laborais e Saúde Medioambiental, que se celebra desde o mes o outubro na Facultade de Ciencias do Campus lugués. Así o acordaron o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, coa sinatura dun convenio entre as dúas entidades na Facultade de Humanidades. O máximo responsable provincial dixo que este convenio, de cinco anos de duracion, “demostra a confianza plena entre as dúas institucións, algo esencial en política”.

O titular da Deputación dixo que un convenio coma este permite “traballar á xente a longo prazo, que é cando se ven resultados. A prevención dos riscos laborais e a saúde mediambiental son fundamentais na sociedade actual, pero tamén é necesario tomar conciencia de que Lugo empeza a ser un referente en prevención de riscos laborais”.

Formación en riscos laborais

Mediante este aconvenio, a Deputación Provincial financiará esta actividade formativa con 20.000 euros anuais nas cinco edicións previstas inicialmente no convenio, que terá vixencia ata o ano 2012. Expón tamén neste acordo o interese da entidade en fomentar a formación de especialistas nesta materia.

Estes estudos están dirixidos a titulados universitarios superiores e medios e ten por obxectivo dotar ó alumno dun coñecemento teórico e práctico da Prevención de Riscos Laborais que permita a homologación para o exercizo profesional de Técnico Superior nas tres especialidades contempladas na lexislación: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. Os seus contidos facilitarán un amplo coñecemento da aplicación da normativa legal ó respecto cumprindo os criterios da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo para ser técnico.

O máster tamén pretende promover o coñecemento da Toxicoloxía Laboral e a prevención de enfermidades profesionais asociadas á exposición a axentes tóxicos no medio laboral e tomar conciencia sobre os problemas medioambientais e os seus efectos sobre os ecosistemas e a poboación.

O curso impartirase de forma mixta, con clases presenciais e módulos a desenvolver de xeito virtual, cun total de 90 créditos de formación teórica e práctica nos que os alumnos estudarán aspectos como lexislación, seguridade, hixiene, ergonomía e medicina de traballo, entre outros. Será un total de ano e medio de estudos no que se inclúen prácticas en empresas.

A primeira edición do máster deu comezo no mes de outubro e nela participan un total de 43 estudantes. Este POP xurdiu despois da celebración neste mesmo centro de tres edicións do Máster en Prevención de Riscos.

Edificio Enxeñería Civil

O Presidente provincial tamén se refeiru ó futuro edificio de Enxeñería Civil “un compromiso establecido previamente que a nova Deputación respeta e que quere mellorar”. Gómez Besteiro dixo que neste momento estase procendendo “á valoración das fincas onde se ubicará o centro e pechando o proxecto básico da infraestrutura e os custes finais”. Segundo o presidente “o imporante é que o proxecto nazca con bases sólidas, e será unha posta decidida deste mandato, xa que os cartos están reservados”.

Gómez Besteiro tamén destacou o feito de que a USC asinase o Foro Prolugo, encargado de elaborar o Plan Estratéxico provincial porque “ó final o que se persegue é que traballemos todos de forma conxunta baixo un guión establecido, onde a Universidade representan un papel importantísimo, xa que é un pilar do desenvolvemento da provincia”.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-01-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (buque_irmans_garcia_nodal_2.jpg) El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
Foto de la tercera plana (dipu_coruna_fallo_murguia_0.jpg) El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

Notas

A Universidade compostelana investirá doutores honoris causa a Jacques Delors, Cesare Segre, D. A. Watson e D. J. W. Cronin. Así o acordou o Claustro que tamén aprobou as súas Liñas Xerais do Orzamento para 2009, cun importe de 245,9 millóns.
O espectáculo infantil O libro da selva chega a Galicia. Nenos e maiores poden disfrutar das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera nunha versión de teatro musical na que se pode viaxar a un mundo de fantasía e diversión.

Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información