Notas de prensa

Xunta e USC colaboran en actividades de investigación sobre comunicación

Asinouse un convenio para a creación dun grupo de traballo para investigar sobre o papel da comunicación nos ámbitos centrais da sociedade da información e das novas tecnoloxías.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a Consellaría financiará as actividades necesarias para poder crear un grupo de traballo especializado na investigación do espazo alternativo da comunicación que supoñen as novas tecnoloxías da información e comunicación. A Consellaría de Innovación e Industria 50.000 euros a este grupo, que se creará no seo do Congreso Fundacional da Asociación de Investigadores da Comunicación titulado “I+C: Investigar a Comunicación” e terá por obxectivos potenciar a investigación na comunicación relacionada con aspectos e materias centrais da Sociedade da Información; facilitar a cooperación así como crear redes de intercambio de información; e establecer unha política de cooperación con asociacións internacionais de investigación no eido da sociedade da información.

A USC pola súa banda, encargarase da posta en marcha do Congreso Fundacional da Asociación de Investigadores da Comunicación, “I+C: Investigar a Comunicación”, que desenvolverá actuacións tales como a posta en marcha do grupo de traballo que investigue sobre a comunicación no eido das novas tecnoloxías, a creación dunha web, a gravación e emisión das sesións a través da rede, a adquisición de todo o material necesario para coordinar a asistencia dos científicos participantes no grupo de traballo e na Comisión Organizadora de Santiago ás presentacións presenciais e/ou multimedia das conclusións nos foros internacionais a celebrar durante 2008, a edición das publicacións en soporte impreso, dixital e a través e Internet e a tradución de materiais ás catro linguas do Estado.

Ademais, crearase unha Mediateca Dixital Multimedia, na que se recollerá a investigación e produción científica e audiovisual das redes internacionais relacionadas coas novas tecnoloxías da información e no eido das comunicacións, facendo especial fincapé naquelas que teñan por referencia á comunidade galega e ó Estado; daranse os pasos necesarios para o establecemento dunha Rede Audiovisual Galega e Internacional sobre a Investigación da Comunicación, a realizar en cooperación con outras asociacións participantes e organizadoras que teñan por fin a investigación da comunicación e a promoción da Sociedade da Información; porase en marcha a Rede Audiovisual Galega da Investigación e a Promoción da Ciencia da Comunicación que conte con soporte físico e virtual a través de Internet e fornecida cos fondos científicos e os documentos audiovisuais de interese para a investigación da comunicacións recollidos na súa Mediateca Dixital.

Todas estas tarefas serán levadas a cabo a través do Departamento de Ciencias da Comunicación da Facultade de Ciencias da Comunicación e da Comisión Organizadora presidida pola catedrática Margarita Ledo. O convenio asinado terá unha vixencia de 12 meses, rematando a colaboración o 31 de decembro de 2008.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2008-01-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (anfaco_medallas.jpg) La Asociación de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco) prevé un crecimiento "muy moderado" para el 2008 debido a la actual coyuntura de "enfriamiento económico" y a otros factores como la "fuerte competencia" de los países de Asia. La ministra de Pesca, Elena Espinosa, anima al sector conservero a mantener su cooperación con la Administración para alcanzar sus "retos".
Foto de la tercera plana (luz_casal_1.jpg) El Consejo de Ministros del Gobierno central, en una reunión presidida por el Rey, aprobó la concesión de las Medallas de Oro al Mérito en las Bellas Artes que, entre otros, fueron otorgadas a los gallegos Roberto Verino, Luz Casal y alfareros de Buño. Estos galardones se entregan en una ceremonia que se celebra este año en A Coruña.

Notas

Debátense proxectos e propostas sobre investigación e desenvolvemento neste eido do saber pedagóxico para dar resposta aos desafíos da busca de éxito escolar nunha sociedade que medra en diversidade cultural.
La Consellería de Traballo y la Unión Europea, a través del Fondo Social Europeo, cofinancian con más de 1 millón de euros la UPD Terras de Galicia promovida por la Fundación Santa María la Real- Centro de Estudios del Románico.

Editorial

Tranquimazín: As confrontacións políticas, loxicamente verbais, acadan a altura que a...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información