Notas de prensa

Entregado o distintivo de calidade Comercio Galego a máis de 460 establecementos

Os comercios que obtiveron o selo de calidade cumpren a norma de calidade UNE 175001 e reúnen cando menos oito dos nove requisitos específicos esixidos pola Consellaría de Innovación e Industria.

Un total de 466 establecementos galegos recibiron o distintivo Calidade Comercio Galego, unha marca emitida pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, coa que pretende fomentar un valor engadido e diferencial do pequeno comercio tradicional e de proximidade. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presidiu o acto de entrega celebrado no Pazo de Congresos de Santiago e no que tamén participaron a directora xeral de Comercio, Ana Rúa; o xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Lois Villasante; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas e o presidente do Consello Galego de Cámaras de Comercio, Francisco Cruz.

Para o conselleiro nacionalista, coa consolidación deste selo lograrase un maior fortalecemento do sector comercial, un sector cun gran peso específico na economía galega e que, segundo dixo, non pode ser alleo á consecución de maiores graos de calidade nos servizos que presta. Fernando Blanco explicou que xa no logotipo da marca identificase calidade con comercio, unha imaxe de marca colectiva que vai permitir visualizar de cara ao cliente que os establecementos que a ostenten están a ofrecer servizos de calidade. O obxectivo, segundo apuntou o titular de Innovación e Industria, é que o pequeno comercio tradicional mellore, se modernice e se adapte á nova realidade sociolóxica.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia dependente da Consellaría foi a encargada de desenvolver as tarefas de verificación de requisitos para a obtención deste distintivo de calidade e a súa concesión, que de momento obtiveron xa 466 comercios galegos. Como condición previa para a concesión da marca os establecementos deben estar en posesión da certificación do cumprimento da norma UNE 175001, o único sistema de calidade para o comercio a nivel estatal. A Consellaría esixe ademais o cumprimento de oito dos nove requisitos específicos deste selo: coñecemento da normativa vixente en materia de comercio; ausencia de sancións nos tres últimos anos; utilización da língua galega na sinaléctica e páxina web; adhesión ao sistema arbitral de consumo; pertenza a unha asociación de comerciantes; procura da conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores; existencia de programas de prevención de riscos laborais; supresión de barreiras arquitectónicas nos locais e medidas de aforro enerxético.

O titular de Innovación e Industria concluíu recordando que neste ano 2007 o seu departamento destinou 800.000 euros ao fomento da calidade no comercio e avanzou que este é un ámbito no que se seguirá traballando mesmo dende o punto de vista normativo, xa que no marco da Lei de Comercio Interior que se está tramitando figura un apartado que recolle as condicións en que debe realizarse a oferta comercial, para prestar un mellor servizo aos consumidores.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, 2007-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (buque_irmans_garcia_nodal_2.jpg) El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
Foto de la tercera plana (dipu_coruna_fallo_murguia_0.jpg) El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

Notas

A Universidade compostelana investirá doutores honoris causa a Jacques Delors, Cesare Segre, D. A. Watson e D. J. W. Cronin. Así o acordou o Claustro que tamén aprobou as súas Liñas Xerais do Orzamento para 2009, cun importe de 245,9 millóns.
O espectáculo infantil O libro da selva chega a Galicia. Nenos e maiores poden disfrutar das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera nunha versión de teatro musical na que se pode viaxar a un mundo de fantasía e diversión.

Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información