En primeiro lugar, no capÃtulo de saúdos, quero agradecer a oportunidade que se me brinda ao poder compartir, con este grupo de profesionais, uns momentos no comezo desta xornada na que se vai debater sobre un sector estratéxico do sector acuÃcola galego: a miticultura.
Dende que no ano 1945 se fondeou na rÃa de Arousa a primeira batea de cultivo, moito se ten camiñado nestes escasos sesenta anos, nos que os produtores galegos acadaron unha posición de liderado mundial. Galicia é hoxe en dÃa a segunda produtora mundial de mexillón, por detrás de China, e a primeira de Europa, por diante de Holanda, Dinamarca, Francia e tamén Italia.
Nese tempo desenvolveuse un sistema de produción peculiar: as bateas. Acadouse un produto que se adapta á perfección ás esixencias de calidade, sabor, alimentación saudable e nutritiva que demandan os consumidores actuais e, recentemente logrouse unha calidade que diferencia ao mexillón orixinario de Galicia de calquera outra procedencia: a DOP Mexillón de Galicia.
A última evolución do mercado alimentario dirixiuse cara a un incremento da importancia da calidade e da sanidade alimentaria, e por ende da necesidade da súa adaptación neste senso, e á súa mellora na formación e información dos axentes implicados. O sector do mexillón non é alleo a estes cambios.
Para iso contamos cun sector dinámico. Homes e mulleres coa enerxÃa suficiente para consolidar, en moi pouco tempo, unha actividade económica multiplicadora de recursos e xeradora de emprego nas rÃas galegas. Pero aÃnda queda moito por facer. Hai que seguir avanzando cara á consolidación das estruturas produtivas, a mellora da xestión da produción e especialmente, dos canais de comercialización.
Por iso, é necesario que todos os sectores, dende o produtor ata o comercializador, se impliquen para conquerir que as condicións de comercialización dos produtos sexan óptimas. A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos é consciente diso e por este motivo vén de encargar a elaboración dun Diagnóstico Estratéxico do Sector Mexilloeiro de Galicia, entendendo por tal o documento que sintetice a situación actual do sector que sirva á ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos e ao propio sector de soporte para o deseño do Plan Director do Mexillón, en cuxa elaboración será suxeito activo o propio sector bateeiro.
Finalmente non me queda más que desexarlles que a súa participación nestas Xornadas sirva para contribuÃr a mellorar e elevar a calidade do servizo prestado, potenciando un produto tan noso e posibilitando que a calidade pase de desexo a obxectivo conseguido.
Moitas gracias.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.