Notas de prensa

ATESGA estuda denunciar a Tráfico polas multas ás ambulancias

O II Congreso Internacional de Técnicos de Emerxencias reunirá a profesionais de Europa e Latinoamérica.

A Asociación de Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Galicia está a estudar a posibilidade de denunciar pola vía xudicial ó Xefe de Sancións e ó Xefe Provincial de Tráfico da provincia correspondente cada vez que se impoña unha multa contra unha ambulancia por exceso de velocidade, segundo anunciaron os responsables de Atesga nunha rolda de prensa celebrada en Vigo para dar a coñecer os obxectivos da organización e o contido do vindeiro II Congreso Internacional de Técnicos de Emerxencias.

O técnico Óscar Graña, de Atesga, explicou que a Dirección General de Tráfico non está atendendo as alegacións formuladas polos afectados contra as sancións impostas, senón que se están a ratificar as multas, que supoñen perda de puntos e de cartos para os condutores das ambulancias. Graña considerou que se trata dunha “burla” e un “abuso” porque “se pon en xogo o noso traballo”. Atesga realizou varias xestións previas a esta denuncia pública, entre elas unha entrevista co xefe provincial de Tráfico da Coruña e coordinador das catro delegacións provinciais, Pedro José Pastor del Castillo, quen lles indicou que os recursos estábanse formulando de xeito incorrecto. Ambas partes consensuaron entón un modelo de alegación no que se especifica “que o vehículo denunciado é unha ambulancia en servizo urxente que facía uso do sistema de sinalización de emerxencia” e “que tal e como se indica no artigo número 25 da Lei de Seguridade Viaria e nos artigos 67.1 e 68.1 do Regulamento Xeral da Condución, os vehículos en servizo de urxencia poderán sobrepasar os límites de velocidade establecidos”. Sen embargo, pese ó acordo, as alegacións presentadas con este modelo seguen sendo rexeitadas.

Ante esta situación, os técnicos de emerxencias de Galicia decidirán na asemblea convocada por Atesga para o 15 de novembro se emprenden a vía xudicial co fin acadar unha solución a este problema, para o que precisarían de apoios económicos para contratar un gabinete xurídico. Outra posibilidade sería unha sorte de “folga de celo” na que o persoal respectaría ó pé da letra os sinais de circulación, pero esta alternativa queda en principio descartada porque son conscientes de que están a trasladar enfermos que precisan atención urxente e tamén porque, nese caso, os sancionarían por un uso indebido da sinalización de emerxencia.

Demandan unha titulación oficial para a profesión

Ademáis das xestións relacionadas coas multas ós conductores de ambulancias, outra das liñas de actuación de Atesga é demandar unha titulación oficial e un sistema de homologación para os técnicos de emerxencias sanitarias, así como esixir á administración que o persoal de empresas públicas ou privadas do sector e agrupacións de voluntarios dispoñan dese título ou do certificado de capacitación correspondente. O presidente de Atesga, Daniel Seoane, indicou tamén que a asociación pretende promover todas as actuacións propias da profesión e dala a coñecer, así como impulsar cursos de formación para os técnicos e actividades para a educación sanitaria da poboación.

Atesga atópase, asemade, inmersa na organización do II Congreso Internacional de Técnicos de Emerxencias, que se celebrará baixo o título ‘O futuro da profesión’ os días 7, 8 e 9 de marzo en Cangas do Morrazo (Pontevedra). A presidenta do Comité Organizador do Congreso, María José Rodríguez Lorenzo, avanzou que xa está confirmada a presenza de expertos de distintos países latinoamericanos e europeos, pois intentarán “contar con las primeras figuras de los temas que vamos a tratar”. A iniciativa está aberta ós técnicos non só do eido sanitario, senón tamén doutras emerxencias como bombeiros, policías ou militares.

Toda a información sobre o Congreso e sobre Atesga, que xa solicitou a súa inclusión na Federación Nacional de Técnicos de Emergencias Sanitarias, está dispoñible na páxina web www.atesga.com.

Carmen Novas (Gabinete de Prensa Atesga), 2007-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (buque_irmans_garcia_nodal_2.jpg) El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
Foto de la tercera plana (dipu_coruna_fallo_murguia_0.jpg) El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

Notas

A Universidade compostelana investirá doutores honoris causa a Jacques Delors, Cesare Segre, D. A. Watson e D. J. W. Cronin. Así o acordou o Claustro que tamén aprobou as súas Liñas Xerais do Orzamento para 2009, cun importe de 245,9 millóns.
O espectáculo infantil O libro da selva chega a Galicia. Nenos e maiores poden disfrutar das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera nunha versión de teatro musical na que se pode viaxar a un mundo de fantasía e diversión.

Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información