15.125 usuarios tivo a Biblioteca Pública Provincial de Lugo (Biblioteca Nodal), no decurso do pasado mes de xuño. Deles, 1.504 utilizaron o servicio de publicacións periódicas oficiais; 2.189 accederon á Hemeroteca; 1.705 á Sala de Referencia (Grandes obras, non prestables); 4.532 á Sala de Préstamo de Adultos; 3 á Sala de medios audiovisuais; 2.025 á Sala Infantil-Xuvenil, 792 efectuaron consultas sobre administración e funcionamento do centro e 2.375 utilizaron acceso gratuíto a Internet (2.146 adultos e 229 nenos/as).
10.100 obras foron solicitadas en préstamo, das que 2.431 corresponderon a préstamo en sala e 7.669 a préstamo a domicilio.
En canto a préstamo en Sala, 689 corresponderon á Hemeroteca, 714
á Sala de Referencia (453 en castelán e 261 en galego), 2 a Sala de Medios audiovisuais e 1.026 a Sala Infantil-Xuvenil (643 en castelán e 383 en galego).
Con respecto ás obras retiradas en préstamo a domicilio, 5.437
corresponderon á Sala de Préstamo-Adultos, máis 501 renovacións; e 1.693 á Sala Infantil-Xuvenil máis 38 renovacións.
Titulos máis solicitados por orde de preferencia:
Fondo Bibliográfico en galego
1.- XUNTOS E MÁIS NADA (Anna Gavalda)
2.- O LAPIS DO CARPINTEIRO (Manuel Rivas)
3.- OURENSE E A GALICIA MERIDIONAL (Xosé Luís Laredo Verdejo)
4.- UNHA NOITE EN COMPOSTELA (Pepe Carreiro)
5.- A NOITE DOS ANIMAIS (Agustín Fernández Paz)
Fondo Bibliográfico Adultos
1.- AMOR A CIEGAS (Christie Ridgway)
2.- OJALÁ OCTUBRE (Juan Cruz Ruiz)
3.- CAZADORES DE HUMO (Óscar Lobato)
4.- ATRACCIÓN (Connie Brockway)
5.- DESEOS PROHIBIDOS (Gaelen Foley)
Fondo Bibliográfico Infantil
1.- HIEDRA, EL HADA VERDE (Daisy Meadows)
2.- BÓLIDOS A TODO GAS (Dawn Bentley)
3.- LA VUELTA AL MUNDO DE UN CARACOL (Emma Less)
4.- LOS CINCO EN EL CERRO DEL CONTRABANDISTA (Enid Blyton)
5.- EL DRAGÓN MAREADO (Jo Rigg)
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.