Notas de prensa

A Xunta emprende unha profunda reforma do sistema sanitario público galego

Inaugurouse o novo edificio cirúrxico do Complexo Hospitalario de Ourense cun investimento de 58 millóns de euros, e que se converte nunha realidade cargada de presente e de futuro para a cidade.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou un importante proceso de transformación da sanidade pública en complicidade coa sociedade galega co obxecto de mellorar a calidade e de incrementar a eficiencia do sistema sanitario. Pérez Touriño realizou esta valoración no decurso do acto de inauguración do novo edificio cirúrxico do Complexo Hospitalario de Ourense, que contou cun investimento de 58 millóns de euros.

O máximo mandatario autonómico cualificou este novo edifico inaugurado como clave dentro do novo mapa de infraestruturas hospitalarias. Este edificio, asegurou Touriño, convértese nunha realidade cargada de presente e de futuro para Ourense, para a súa provincia e para Galicia enteira. Neste sentido, Pérez Touriño referiuse ao substantivo nivel de melloras deste edificio que posibilita dotar de mellores instalacións ás áreas médicas de cirurxía, reanimación, espertar, urxencias, esterilización, farmacia, anatomía patolóxica e radioterapia, así como novas dependencias para os profesionais de garda.

Ademais, o presidente da Xunta indicou que este edifico que hoxe se pon en marcha non é o final dun proxecto. É, simplemente, a primeira pedra da reconfiguración, da verdadeira reordenación do novo hospital de Ourense. En concreto, Pérez Touriño referiuse á ampliación futura do complexo hospitalario de Ourense que beneficiará a todos os cidadáns da provincia con maior capacidad2 asistencial e tamén con novas prestacións.

Ademais Touriño engadiu que a Xunta de Galicia está a traballar na procura dun novo modelo sanitario-cultural que vaia abordando, dun xeito ordenado e urxente, o proceso de transición e transformación que temos iniciado. A este modelo de política sanitaria Touriño denominouno de “cohesión social”, ao ter no epicentro da súa acción ao paciente. Neste sentido,referiuse a iniciativas concretas como o decreto que regula o dereito a unha segunda opinión médica, aprobado hoxe polo Consello da Xunta ou a futura Lei de Saúde de Galicia, tamén estudada hoxe polo Goberno galego na súa reunión semanal.

Ao respecto do proceso de transformación da Sanidade Pública, o presidente galego referiuse aos ámbitos de actuacións máis salientables nos que se está a actuar. Dunha banda, referiuse á política de recursos humanos; doutra, á mellora do financiamento do sistema económico e, por último, á reorganización e mellora da xestión do sistema sanitario público.

Plan de Mellora da Atención Primaria 2007-2011

O titular do Goberno autonómico detallou, tamén, algunhas das medidas máis sobranceiras en política sanitaria que está a desenvolver o seu Goberno. Neste sentido, referiuse á necesidade de continuar o proceso de mellora da Atención Primaria. Segundo resaltou o máximo mandatario autonómico, existe un Plan de Mellora da Atención Primaria 2007-2011 que permitirá mellorar as condicións laborais dos profesionais deste ámbito esencial do noso sistema. Este Plan, tal e como afirmou Touriño, está dotado con 62,5 millóns de euros e permitirá, entre outros aspectos, que antes de finais de 2007 se chegue a que máis do 90 por cento das consultas médicas dos centros de saúde conten con acceso a IANUS, a historia clínica electrónica.

Ademais, o presidente galego afirmou que desde primeiros de ano estase a acometer a reforma da atención especializada. Unha reforma –dixo- que incidirá no redeseño dos modelos organizativos da atención neste nivel asistencial, asentada na integración da asistencia; no establecemento de modelos de xestión integral dos modelos prevalentes e no da xestión clínica.

Por último, Emilio Pérez Touriño referiuse a que o novo edificio cirúrxico do Complexo Hospitalario de Ourense é realidade grazas á participación, á colaboración e á paciencia dos profesionais sanitarios deste hospital. Deste xeito quixo salientar que é o produto dunha notable participación social que se erixe como expresión máxima de democracia moderna, de progreso e de futuro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información