
A ConsellarÃa de Cultura e Deporte participa na 30 edición da Feira do Libro de Uruguai, que dá comezo mañá e se desenvolverá ata o vindeiro 7 de outubro na cidade de Montevideo. Deste xeito Galiza estará presente por primeira vez na feira sendo o único paÃs non americano que contará cun espazo propio na mesma, cun stand no que exhibirá a súa producción editorial.
Asà mesmo, a ConsellarÃa, en colaboración co Patronato da Cultura Galega de Montevideo, organizou diversas actividades que se desenvolven ao longo da Feira, dirixidas á divulgación das nosas letras no paÃs uruguaio e contando con personalidades do mundo da cultura galega de Uruguay. Na xornada inaugural ten lugar a presentación do libro "Relato dun emigrante", do editor e libreiro Manuel Losa. O acto desenvolverase no Salón Vermello da Intendencia, a cargo de Élida Abal Santorum, profesora de Lingua e Literatura Galega e membro do CEGAL. Ao remate da presentación, o grupo de pandereteiras e gaiteiros do Centro Val Miñor ofrece unha actuación musical.
O venres 28 de setembro, membros do Patronato da Cultura Galega proceden á lectura pública de obras de Castelao, ás 18:00 horas no Salón Exterior da Feira. Para a xornada seguinte está programado un recital e concerto de homenaxe á poesÃa galega, coa participación da cantante Cristina Fernández, que ten lugar no Salón Azul da Intendencia, entre as 20:00 e as 21:00 horas.
O luns, o escultor José Villaverde e o xornalista Mané de Gulfar encargaranse de presentar unha lectura poética da man do actor Andrés Pazos, que recitará poemas galegos publicados na revista uruguaia "La Tertulia". O acto desenvolverase no Salón Exterior da Feira, ás 19:00 horas.
Por último, na xornada que precede ao peche da Feira, o sábado 6, organizarase unha mesa redonda sobre a figura do poeta José Alonso y Trelles, "El Viejo Pancho. Este autor xa fora lembrado nunhas xornadas celebradas hai poucos dÃas en Ribadeo, o seu pobo natal, que pretenderon explorar os vÃnculos culturais entre Galiza e Uruguai a través da súa figura e en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento.
Na mesa, que dará comezo ás 17:00 horas no Salón Exterior da Feira, e presidida polo Director da Biblioteca Nacional de Uruguai Tomás de Mattos, intervirán Alicia Torres, profesora da Universidade de Uruguai, para falar sobre o inmigrante galego na literatura uruguaia; e o profesor Nicolás Gropp, que ofrece un relatorio sobre os artigos de prensa do poeta. Pola súa banda, a profesora MarÃa de Los Ãngeles González Briz colabora no coloquio cunha intervención sobre migración e arraigo na obra de José Alonso y Trelles. Ao remate, o grupo de Danza Criola do Patronato da Cultura Galega ofrece unha actuación.
Tivo lugar a xornada 'Deputados por un dÃa', na que os escolares galegos levaron ao hemiciclo as súas propostas para mellorar a sociedade. Os catro representantes dos colexios, un por provincia, compartiron na Cámara as súas reflexións sobre a convivencia, o tema arredor do que xira este curso o programa educativo Abraza tus valores, e a relación dos menores coas tecnoloxÃas. Participaron máis de 8.300 escolares de entre 4 e 12 anos de 83 centros públicos, concertados e privados de Galicia (Arquitecto Casas Novoa de Santiago, o CEIP Plurilingüe A Gándara, de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense e o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, de Piloño).
A actividade levada a cabo pola Axencia de Protección da Legalidade UrbanÃstica (APLU) para protexer o medio ambiente e o patrimonio natural e paisaxÃstico galego permitiu o pasado ano a reposición da legalidade en 121 actuacións en toda Galicia. Estas reposicións foron resultado do labor do equipo inspector do organismo adscrito á ConsellerÃa de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, e repartÃronse principalmente na provincia de Pontevedra, con 60 actuacións, seguida da Coruña con 30, Lugo con 21 e Ourense con 10.