Notas de prensa

Preséntase a Festa dos Axóuxeres para animar ás familias a falar galego

Música, maxia e xogos reunirán en espazos públicos de Santiago, Vigo e A Coruña a bebés, cativos e grandes co fin de favorecer a transmisión familiar da lingua galega.

A Festa dos Axóuxeres é a festa para celebrar o galego como lingua da casa. Así definiu a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, a nova iniciativa posta en marcha polo seu departamento para promover a transmisión familiar da lingua galega. Santiago, Vigo e A Coruña acollen esta festa, que vai poñer nos escenarios a música recompilada no disco Cantos de Arrolar, co que se está agasallando a todas as mulleres embarazadas dentro da campaña Xeración E logo!.

Marisol López presentou en Santiago esta Festa dos Axóuxeres, nun acto no que estivo acompañada por boa parte dos artistas que van participar no evento. En distintos espazos públicos das tres cidades galegas, os asistentes terán un repertorio musical adaptado ao público tan especial ao que vai dirixido –bebés e cativos–, ademais dos enredos e divertimentos que virán da man de Miguel de Lira e da maxia e da ilusión do mago Romarís.

A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 4, 6 e 8 de setembro en Santiago, Vigo e A Coruña, respectivamente. En Compostela a cita será no Campus Sur, o martes 4, coa participación musical de Luar na Lubre e Espido. En Vigo, a cita será o xoves 6 na praza da Estrela, coa música de Mercedes Peón e de Xabier Díaz. Por último, na Coruña, bebés, papás e mamás están citados o sábado 8, nos xardíns de Méndez Núñez, con Xabier Díaz e Uxía. Todas estas citas serán ás sete da tarde, e a entrada será de balde.

Continuidade no inverno

A secretaria xeral de Política Lingüística explicou que esta iniciativa vai ter continuidade nos meses de outono e inverno en vilas pequenas de Galicia, nun formato diferente, de proximidade, e en espazos pechados.

A actual programación destinada ás familias enmarcase nos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que pretende sensibilizar as familias sobre as vantaxes de que os seus fillos e fillas coñezan a lingua galega e sinala a conveniencia de que a adquiran de forma temperá como mellor garantía para que se instalen nela de xeito adecuado e poidan despois acceder a outros idiomas.

Marisol López concluíu destacando a vontade de converter esta Festa dos Axóuxeres nunha “referencia para avivar o alento dos pais, as nais, os avós, os irmáns, para que se relacionen en galego na familia”.

Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, 2007-08-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (buque_irmans_garcia_nodal_2.jpg) El Puerto de Vigo será base, a partir del primer trimestre del año 2009, del primer buque anticontaminación que la Agencia Europea de Seguridad Marítima (EMSA) ubicará en Galicia, y su adaptación contará con una inversión de 3,5 millones de euros, según anunció Bernd Bluhm, responsable del área de preparación y respuesta anticontaminación.
Foto de la tercera plana (dipu_coruna_fallo_murguia_0.jpg) El trabajo Una familia gallega y un océano de por medio. Vínculos y experiencias a través de la memoria fotográfica y epistolar (c.1894-1972), del que es autora Maria Liliana da Orden, ha resultado ganador de la VII edición del premio de ensayo Manuel Murguía, convocado por la Diputación de A Coruña.

Notas

A Universidade compostelana investirá doutores honoris causa a Jacques Delors, Cesare Segre, D. A. Watson e D. J. W. Cronin. Así o acordou o Claustro que tamén aprobou as súas Liñas Xerais do Orzamento para 2009, cun importe de 245,9 millóns.
O espectáculo infantil O libro da selva chega a Galicia. Nenos e maiores poden disfrutar das aventuras do pequeno Mowgli, o oso Baloo e a panteira Bagheera nunha versión de teatro musical na que se pode viaxar a un mundo de fantasía e diversión.

Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información