
A este acto asistiron membros do actual goberno autonómico como os Conselleiros de Presidencia, José LuÃs Ménedez Romeu, a Conselleria de Sanidade, MarÃa José Rubio Vidal, e a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, Secretarios e Directores Xerais e o Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez touriño.
Tamén están presentes membros de outras institucións públicas como o Delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, o Presidente da deputación de A Coruña, Salvador Fernández Moreda e o Alcalde de Santiago de Compsotela, Xosé Sánchez Bugallo.
O sector empresarial galego está amplamente representado con asistentes pertencientes a tódolos sectores. Participan nesta xornada: Alfonso López Pena (Losan), Ãngel Jove (IRCO), Bartolomé Vidal (grupo Clave), José Bretón (Isidor de la Cal), José Cruz (Leche Celta), José Manuel Rivera (Estrella Galicia), José MarÃa Farto (Acciona), Juan Carlos Cebrián (Inditex), LuÃs DÃaz (Fenosa), Roberto Tojeiro, (Grupo IFA), entre outros.
Tamén está representado o mundo da Universidade, como a Catedrática e Vicepresidenta da Fundación Inciativas 21, Mª Xosé RodrÃguez Galdo, ou da mediciña, como José Buitrón.
Membros da cultura e do Padroado da Fundación Iniciativas 21 asisten a este acto de conmemoración de dous anos de goberno.
A Fundación Iniciativas 21 conmemorou e analizou os dous primeiros anos do actual goberno nun acto nomeado “Na Metade do Camiño”, e que tivo lugar ás 20.00h no Hotel Meliá Araguaney de Santiago de Compostela.
O acto consistiu nunha mesa redonda presidida por Ramón Máiz Suárez, presidente da Fundación, e na que participaron, DarÃo Villanueva Prieto, ex-reitor da USC, Ãngel Carracedo Ãlvarez, Director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Javier Riera Nieves, Vicepresidente Executivo da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, e José Lorenzo López, Director de San Luis.
Segundo o presidente da Fundación Iniciativas 21, o cambio de goberno que tivo lugar hai dous anos mudou a percepción e a realidade da polÃtica autonómica galega creando novas expectativas. Ramón Máiz destacou o papel da Fundación como ámbito de encontro da sociedade civil, e como dinamizador do pensamento socialdemócrata en Galicia.
Os poñentes fixeron breves intervencións, nas que cada un aportou a súa sobre os cambios que observaron no seu ámbito profesional durante estes dous anos do actual goberno.
AsÃ, Ãngel Carracedo asegurou que o apoio á investigación que está a facer o goberno galego nesta lexislatura é máis que notable. “Tanto en investimentos como en iniciativas nunca se fixera un esforzo semellante”. Agora, asegurou Carracedo, “compre manter nos próximos dous anos o ritmo de investimento en investigación, e impulsar iniciativas de estabilización do persoal investigador”.
Pola súa banda o Vicepresidente Executivo da Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, Javier Riera, falou da importancia de acadar un crecemento sostible en cooperación, competitividade e innovación. A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento, creada en decembro de 2006, é unha iniciativa que persegue impulsar estratexias que poñan en valor o potencial do capital intelectual, tecnolóxico e empresarial existente en Galicia. O seu obxectivo último é contribuÃr a acadar unha economÃa baseada no coñecemento como estratexia para consolidar un crecemento económico rápido, sólido e sostido o mesmo tempo. AsÃ, ten por obxecto o impulso, promoción e coordinación de actividades para a mellora da competitividade das empresas galegas e a súa internacionalización; a análise de novos proxectos de investimento; a extensión e implantación de novas tecnoloxÃas; o desenvolvemento da sociedade da información e o impulso das redes de coñecemento e cooperación. Esta vÃa, a da triple hélice, é a mesma pola que está a apostar, segundo Riera, o actual goberno da Xunta de Galicia, e o que ós seus ollos representa o futuro do desenvolvemento económico galego.
DarÃo Villanueva resaltou a importancia da alternancia polÃtica na consolidación democrática deste paÃs e o papel fundamental xogado neste cambio polo presidente da xunta Emilio Pérez Touriño como depositario dun modo de facer polÃtica diferente. Ademais fixo fincapé nos retos fundamentais que debe afrontar a sociedade galega: Europa como referente, a sociedade do coñecemento e a necesidade imperiosa de protexer o medioambiente mediante o desenvolvemento sostible. Dende estes tres eixes, DarÃo Villanueva insistiu no bo camiño polo que discorre o actual goberno galego, e na importancia de que a superación destes tres retos sirva para que os xoves mellor formados poidan desenvolver a súa actividade dentro do paÃs.
Para rematar Lorenzo López Vázquez fixo unha análise da situación do empresariado en Galicia nos dous últimos anos. O presidente do grupo San Luis, salientou a forte aposta do actual goberno polo investimento tecnolóxico empresarial e a necesidade de dotarnos de ferramentas que permitan que a empresa galega sexa cada vez máis competitiva.
Unha vez máis, a Fundación Iniciativas 21 incorpora ao debate polÃtico a opinión de persoas de recoñecido prestixio noutros ámbitos como a educación, a cultura, a economÃa ou a ciencia. Esta perspectiva resulta novedosa, xa que a maiorÃa de profesionais destacados non adoitan facer valoracións polÃticas. Ademais supón unha visión crÃtica constructiva da evolución e dos cambios acaecidos nos últimos dous anos de goberno.
O acto foi pechado polo Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que agradeceu ós intervintes a súa participación e as súas palabras e comprometeuse a traballar en prol da consecución dos retos por estes plantexados. Por outra banda, resaltou que Galicia atravesa unha magnÃfica situación económica e dispón neste momento do maior volume de emprego e do máis activo mercado laboral de toda a súa historia. Emilio Pérez Touriño comprometeuse a seguir traballando nesta dirección.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.