Notas de prensa

Lois Oreiro presenta o seu libro: Xallas, teoría da existencia

O acto tivo lugar no Clube Internacional de Prensa, en Santiago de Compostela, e contou coa actuación do Grupo de Gaitas Sementeira.

Presentouse no C.I.P. o libro de Lois Oreiro, Xallas, Teoría da Existencia, nun acto no que interviñeron Manuel González González –secretario da Real Academia Galega–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor, Lois Oreiro. Unha vez presentado o libro e feitas as distintas intervencións, o Grupo de Gaitas “Sementeira” de Santiago, irromperon cunha actuación que sorprendeu ó público asistente que encheu o salón de actos do Club Internacional de Prensa.

A OBRA DE LOIS OREIRO

- Lois OREIRO, Xallas. Teoría da existencia, 2007. Colección VILARNOVO / Ideas e realidades.

Este libro fala dun territorio pouco coñecido, moi castigado pola emigración, os encoros e os parques eólicos. É unha viaxe literaria seguindo o percorrido dun río simbólico, enigmático e particular: o Xallas. De forma amena e cun coidado e particular estilo, o seu autor vainos introducindo e conducindo no coñecemento profundo e rigoroso desta extensa e rica comarca coruñesa, conformando un texto imprescindible para todos aqueles que queiran achegarse a un mellor entendemento da realidade de Xallas, que en certa medida pode constituír unha boa mostra da Galicia rural interior, de como podemos existir sen esvaecérmonos.

tresCtres Editores, 2007-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES