
Comunicación interactiva, cibercultura, dereitos emerxentes, modelos de negocio, converxencia hipermedia e identidade son eixes conceptuais arredor dos que xira o curso de verán ‘Televisión dixital terrestre e por Internet, comunicación interactiva e hipermedia’, que se celebra do 11 ao 14 de xullo no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Comunicación.
O curso pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos conceptos, ideas, experiencias e coñecementos que configuran o debate aberto na sociedade da información arredor da converxencia das novas tecnoloxÃas coa cultura e a ciencia, cos contidos e o coñecemento. En definitiva, sobre as posibilidades e alternativas da comunicación interactiva, sobre o novo paradigma da hipermedia, máis aló da confluencia dos multimedios, cando xa se empeza a falar das web semánticas, a experimentar coa creación virtual e con potentes buscadores ontolóxicos que “están a converter Internet nunha disputada galaxia de novas redes de intelixencia, poder e mediación social”, sinala nos organizadores do curso. A transcendencia deste marco de relacións e experiencias crúzase coa aparición, debate e formulación dos chamados ciberdereitos e coa necesidade de facer visible a través da Rede a propia cultura e identidade.
Os relatorios axudarán a abordar a problemática da converxencia dixital dende unha tripla dimensión, a tecnolóxica, a económica e a social, a través dos soportes e modelos que propician as novas formas de comunicación relacionadas cos cibermedios, comunicación móbil e interactividade, radio e televisión por internet, Web 2.0 e 3.0, creación virtual e 3D.
En total, o encontro comprende sete conferencias e catro mesas de presentación e debate sobre a posta en marcha da nova oferta de televisión dixital terrestre en Galicia, sobre a propiedade intelectual e sobre ciberdereitos, canon dixital, cibermedios e participación social, asà como obradoiros sobre como crear e producir contidos para a televisión e a radio a través de Internet. A inscrición no curso dará opción á emisión dos traballos audiovisuais seleccionados dos participantes a través de Web TV e do lanzamento da primeira Canle Multimedia Virtual de Galicia en Second Life.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.