Notas de prensa

Alumnos do Rosalía de Castro inauguran a mostra Escolma Ilustrada

A exposición de gravados dos alumnos do centro ao redor da obra da poeta noiesa María Mariño conta coa patrocinio da Fundación Caixa Galicia.

Ao acto asistiron os novos artistas, alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de Cuarto da ESO, xunto con Nestor Rego, concelleiro delegado de Cultura en funcións do Concello de Santiago, José Manuel García Iglesias, director de Acción Social de Caixa Galicia, Maribel Martín, xefe de estudios do IES Rosalía de Castro, e Soledad Pite, profesora de Pintura do centro.

Ata o día 18 de xuño, e baixo o título Escolma ilustrada, esta exposición xorde na aula de Debuxo do IES Rosalía de Castro, como achegamento dos alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de Cuarto da ESO, á súa palabra poética.

“Ao noso entender, a obra poética de María Mariño, Palabra no Tempo (1963) e Verba que comeza (edición póstuma, 1990) son obras aínda case por descubrir, polo que a súa ilustración con gravados orixinais a punta seca e técnicas aditivas, pode moi ben ser unha fermosa canle para achegar a súa palabra aos lectores máis novos”, sinala a profesora Soledad Pite.

No limiar da exposición, a profesora do histórico centro compostelán puntualiza: “Ler e reler. Meditar e dialogar. Bosquexar e investigar. Bosquexar e decidir. Gravar atentamente as pranchas para obter unha matriz e por fin iniciar o laborioso proceso de estampar: Desde cortar o papel ata controlar a súa humidade. Desde preparar as tintas, ata entintar a prancha. Desde a tiraxe manual no tórculo ata a recollida da aula”.

E continúa: “Este proxecto singular é o froito dun longo proceso creativo, no que o traballo individual conviviu co esforzo colectivo, para facer posible que e a fina laboura manual, froito non do accidente senón dun elaborado proceso de pensamento, obtivese os resultados dunha obra gráfica de calidade, digna de ser firmada e numerada por cada mozo ilustrador. Xa que logo, poderíamos dicir que esta Escolma Ilustrada, é un traballo coral, no que a fondura da palabra madura de María Mariño se engalana coa ledicia da mocidade dos nosos escolares”.

Desde que as técnicas de gravado se perfeccionaron cara a 1460 polo ourive florentino Maso Finiguerra, os artistas de cada época deixáronnos fermosas obras nas máis diversas modalidades, unhas veces como obra independente e outras coma tradución a imaxes ou acompañamento dun texto literario.

É nesta tradición do Libro Ilustrado, no que se sitúa o proxecto do IES Rosalía de Castro, froito dun fecundo diálogo entre as hipérboles e as liñas, ou tal vez dun ilusionado encontro entre as cores e os hiperbatóns.

Oficina de Comunicación de Caixa Galicia, 2007-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (setecidades-setesabores.jpg) Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Foto de la tercera plana (trens-turisticos-2026.jpg) Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.

Notas

A USC será do 10 ao 12 de xuño o punto de encontro da comunidade universitaria dedicada á Tecnoloxía Educativa co desenvolvemento das XXXIII Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE 2026). O congreso, que reúne profesorado, persoal investigador e estudantado de universidades de toda España e do estranxeiro, regresa á Facultade de Ciencias da Educación baixo o lema ‘Alfabetización Dixital Crítica para unha Convivencia Híbrida’.
O Centro de Investigación Mariña da UVigo celebrou a súa primeira década de existencia, na que se consolidou como un dos polos científicos máis dinámicos do sistema galego integrado na Rede Cigus e como un referente no arco atlántico europeo. Foi nun acto institucional que tamén serviu para conmemorar os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, unha infraestrutura singular que forma parte da rede europea EMBRC e que dá soporte a unha comunidade científica de máis de 200 investigadores dedicados ao estudo do océano.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES