
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, reafirmou a aposta do Goberno galego a prol da mellora da calidade dos centros educativos a través da adquisición dun total de 9.066 ordenadores. O Consello da Xunta autorizou a adxudicación por un valor superior aos 10 millóns de euros de 7000 equipos persoais dotados con monitores e 2000 portátiles para este ano 2007.
A Xunta de Galicia continúa así unha liña de traballo que comezaba o pasado ano coa distribución aos centros educativos da comunidade de 12.500 PCs, 2.900 portátiles, 1.000 vídeo-proxectores, 1.000 impresoras e 308 pizarras dixitais. Este conxunto de actuacións forman parte, como explicou Pérez Touriño, do esforzo por incorporar as novas tecnoloxías e a implantación no manexo das tic.
Tal e como sinalou o máximo mandatario galego estas iniciativas responden ao obxectivo planteado no programa electoral de que ao final da lexislatura o ratio se sitúe nun ordenador por cada dous alumnos. Destacou que coa inversión anunciada hoxe se sitúa en 7 alumnos por cada ordenador nos centros públicos, ratio que no ano 2005 estaba nos 11 alumnos por cada equipo.
A esta dotación de 9.066 ordenadores, hai que engadir outras medidas que o Executivo galego vai desenvolver como o esforzo por estender a conexión a través de adsl ao centros educativos facendo chegar o sinal a todas as aulas. Trátase dun obxectivo moi ambicioso no que se está a traballar, sinalou.
Ademais, destacou que se están realizando programas de formación e incorporación dos profesores dos centros públicos no manexo educativo das novas tecnoloxías.
Ensino nos centros penitenciarios
O presidente da Xunta deu conta ademais do acordo do Consello da Xunta polo cal as institucións penitenciarias da comunidade contarán con centros públicos de educación e promoción de adultos. Tal e como explicou Pérez Touriño, estes centros instalaranse en todas as sedes penitenciarias galegas: no concello de Teixeiro, Curtis, Bonxe, Outeiro de Rei, Monterroso, Pereiro de Aguiar e A Lama.
Nestes centros, establecerase un plan de formación co obxectivo de que os internos poidan cursar ensinanzas básicas equivalentes ás obrigatorias e post-ogrigatorias. Así mesmo, contarán cun profesorado que imparta docencia en horario de mañá e de tarde, nas mesmas condicións que o resto dos centros da comunidade. Trátase de facilitar os procesos de formación ao longo da vida dos internos que están nestas institucións e fomentar a adquisición de competencias, explicou o presidente.
Automatización, mantemento e limpeza de Sogama
O Consello da Xunta autorizou ademais un gasto superior aos 22 millóns de euros destinados á automatización da planta de clasificación de envases lixeiros de Sogama. Este investimento permitirá recuperar 9.500 toneladas de envases ao ano. Contratarase un novo sistema de automatización, mantemento e limpeza da planta para mellorar a eficiencia dende o punto de vista do reciclaxe e a eficiencia medioambiental da mesma. Conséguese así, segundo explicou Pérez Touriño, unha reinversión do excedente que repercutirá na mellora da planta e do tratamento medioambiental.
Por outra banda, o presidente galego informou de que a Consellería de Medio Ambiente asume a xestión e explotación da depuradora de Pontevedra para a posta en funcionamento de todas as súas instalacións. Esta actuación suporá un investimento de case 7 millóns de euros destinados á xestión e financiación das instalacións construídas e das complementarias necesarias. Tal e como explicou o Xefe do Executivo galego esta medida permitirá avanzar no saneamento integral da ría de Pontevedra, un acordo concertado co concello en relación coa xestión do servizo.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La Sifonería Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El Cafetín de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapatería del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens Turísticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saídas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saída neste mes son o das Rutas dos Faros (con saídas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aínda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens Turísticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saídas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.