O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, inaugurou o encontro A Mocidade en Rede, unha xuntanza autonómica que se desenvolve en Santiago de Compostela. Con este encontro culmÃnanse as xuntanzas realizadas nas catro provincias durante os últimos meses e nas que traballou co obxectivo de fomentar a participación e o asociacionismo xuvenil. O encontro A Mocidade en Rede está aberto a membros de asociacións xuvenÃs e entidades prestadoras de servizos á xuventude; escolas de tempo libre e grupos informais de mozos e mozas; técnicos de xuventude dos concellos e informadores xuvenÃs; e mozos e mozas voluntarios ou membros de organizacións en xeral.
Durante os dous dÃas que se prolonga o encontro autonómico porase en común todo o traballo previo feito nos encontros provinciais, onde se xeraron multitude de reflexións, propostas e suxestións respecto da mocidade galega, e que seguen a debaterse no foro da web www.mocidadeenrede.com. AsÃ, a Dirección Xeral de Xuventude pretende recoller as achegas do conxunto do tecido asociativo xuvenil, tanto sobre os métodos máis tradicionais de participación xuvenil como sobre os métodos informais, como son os grupos de música ou voluntariado. Deste xeito, as propostas analizaranse para poder incorporalas como unha achega conxunta no apartado de participación xuvenil da futura Lei de Xuventude, que se elaborará ao longo deste ano.
Santiago será o punto de encontro para a análise, o estudo e o debate sobre as polÃticas dirixidas á mocidade. Todas as asociacións e grupos de mozos e mozas que estean interesados en participar nesta xuntanza poderán facendo a través dun stand, no que expoñer as súas propostas e actividades; achegando material gráfico, folletos, audiovisuais para os participantes; ou realizando actividades, actuacións ou exhibicións dos aspectos que queiran dar a coñecer.
Programa
O encontro comeza coa presentación das conclusións dos catro encontros provincias e a continuación o experto en participación cidadá e asociacionismo Toni Puig desenvolverá a ponencia marco. A xornada remata coa visita á mostra e ás distintas actividades que se desenvolverán no marco da mesma. Para o sábado prevese unha mesa redonda sobre “Apoios á participación” para ás 10,00 horas na que toman parte responsables de recursos e polÃticas da xuventude da Comunidade Valenciana, de Cádiz e de Galiza. Para as 16,00 horas prevese outra mesa redonda que baixo o tÃtulo “Ãreas e ámbitos de traballo” xuntará a responsables dos programas de implicación social da mocidade, como son o proxecto Macrolimpadón, o proxecto Lar e o proxecto Leña Verde. Durante toda a xornada desenvolveranse diversas mesas de traballo cos asistentes ao encontro.
Reflexionar e participar
O obxectivo do encontro A Mocidade en Rede é reflexionar sobre a participación da xuventude e crear espazos de encontro nos que se permita aos diferentes actores dos procesos de participación coñecerse e recoñecerse. A Dirección Xeral de Xuventude trata ademais de dar resposta a unha demanda formulada nos últimos tempos desde as distintas entidades, que se amosaban interesadas en crear un espazo común de análise e intercambio sobre a situación dos mozos e mozas na actualidade. A Mocidade en Rede enmárcase no conxunto de actuacións programadas pola Dirección Xeral da Xuventude da Vicepresidencia da Xunta para fomentar a actividade xuvenil e a participación da mocidade galega nos diversos eidos da vida polÃtica, económica, social e cultural do paÃs. Deste xeito búscase achegar a administración ao tecido asociativo xuvenil, tanto para coñecer as súas demandas como para presentar as polÃticas que o Goberno galego está a desenvolver neste eido.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.