
Spam, aceda historia dun empresario que só pode romper a súa soidade no territorio virtual, é o tÃtulo da novela coa que Francisco Castro conseguiu o último Premio Blanco Amor de Novela, convocado por 52 concellos galegos e dotado con 12.000 euros. A novela ten en palabras do seu autor "unha profunda carga irónica", recurso que lle parece idóneo na literatura "para facer moita crÃtica".
Fiel a este principio, o autor asegura que Spam -nome que recibe o correo lixo- é un libro que dispara os seus dardos máis mortÃferos contra a vida empresarial e, máis concretamente, contra os departamentos de recursos humanos, que el considera "unha nova forma de escravitude", xa que desenvolven "técnicas habilmente deseñadas para explotar mellor ao ser humano".
Partindo na novela dos parámetros do mundo virtual, Francisco Castro pretende indagar na soidade da sociedade contemporánea. "Está protagonizada", conta o escritor, "polo director dunha empresa. Teoricamente é un triunfador pero, no fondo, é profundamente solitario. O seu único pracer é estragar a vida dos servos da empresa e a súa única relación co mundo sucede a través da rede, cunha webcam e o correo electrónico". Aparentemente, este directivo sádico e frustrado é o protagonista absoluto dunha novela "concibida desde unha atmosfera claustrofóbica, con tres únicos espazos: a empresa, o ordenador que el ten na súa casa e o mundo virtual da mentira electrónica que é internet".
O xurado do Premio Blanco Amor, resolto o 27 de maio de 2006 en Neda, concello que se encarga este ano da organización, resaltou de Spam o feito de ser "un libro innovador, que rompe moldes e incorpora aspectos orixinais nunha narrativa, a nosa, cambiante e florecente".
Tamén indicaron que se trata dunha novela "funcional e insólita, épica e distanciada con altas doses de humor e un ton irreverente e irónico". Ao certame presentáronse 26 obras, das que 6 quedaron finalistas. O xurado estaba composto por Laura Caveiro, Medos Romero, Ramón Nicolás, Armando Requeixo e Vicente Araguas. O Premio Blanco Amor de Novela Longa en lingua galega é convocado por 52 municipios das catro provincias de Galicia e cada ano un dos concellos encárgase de organizalo.
Francisco Castro (Vigo, 1966) é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. Traballa desde hai anos como cronista cultural en varios medios galegos. É autor do libro de relatos eróticos XeografÃas, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas.
En 2006 gaña o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam, publicada por Editorial Galaxia.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.