Notas de prensa

Reunión de usuarios do programa experimental de emprego: Un emprego espera por ti

O venres 26 de xaneiro, tivo lugar no Edificio de Servizos Múltiples unha reunión con todos os usuarios do Programa Experimental de Emprego que está a levar a cabo o Concello de Vimianzo.

Nesta reunión tratáronse diversos temas, entre eles as necesidades formativas do grupo e as ofertas actuais do mercado laboral.

A reunión tivo unha boa resposta por parte dos usuarios, que nos manifestaron as súas inquedanzas e os proxectos que lles gustaría levar a cabo antes de que remate o programa no mes de abril do presente ano.

Nº de participantes: 50
Obxectivo de inserción: 18 (alomenos durante 6 meses)
Os participantes foron seleccionados entre os candidatos que remitiu a Oficina de Emprego de Cee.

Os particiantes no proxecto pasan por un proceso que ten como obxectivo individual atopar emprego no menor tempo posible. O obxectivo do proxecto é que o 35% dos particiantes atopen emprego por conta allea por un período superior a 6 meses ou a través do emprendemento .

É un proxecto innovador na metodoloxía, no aproveitamento de tódolos recursos humáns do propio concello, na introdución da perspectiva de xénero e tamén no compromiso do concello coa promoción das contratacións das persoas que participen.

A partir do diagnóstico inicial poidemos coñece-las casuísticas particulares de cada participante. Hai persoas que tan só precisen orientación laboral, outras que necesitan potenciar algunha das súas competencias básicas, outras que teñen unha idea empresarial e algunhas que demandan formación ocupacional para poder acceder a unha ocupación concreta.

Para desenvolver este proceso formouse un equipo técnico e recórrese á contratación de servizos externos (sobre todo para iniciativas de formación).
É necesario estar en contacto coa economía local, o mercado de traballo e sobre todo cos empregadores. Para elo, artellouse un Observatorio Local de Emprego e Desenvolvemento Local que se pode consultar en Internet, dentro da web municipal (www.vimianzo.es). Ademais, os seus contidos son divulgados a través de circulares informativas.

INICIATIVAS DE FORMACIÓN:
- Carné de manipulador de alimentos
- Módulos de:
o Cociña
o Camarero de bar e restaurante
o Camarero de andares
o Cultivo baixo abrigo
o Metodoloxía didáctica
o Novas tecnoloxías
- Busca activa de emprego
- Creación de empresas

EMPREGO:
Co fin de apoiar a inserción laboral deste colectivo, o Concello de Vimianzo incluíu nos baremos das contratacións laborais temporais a condición de ser usuario do programa experimental.
Ademais, divúlganse as convocatorias de emprego que se coñecen, a través de circulares informativas.
Resumo da situación socioeconómica do entorno

En decembro de 2005 había 567 persoas de Vimianzo inscritas como demandantes de emprego, delas 259 son homes e 308 mulleres. De todos eles 324 inscritos perciben algún tipo de prestanción, renta ou subsidio (189 homes e 135 mulleres).
A taxa de paro de Vimianzo, segundo o Atlas Socioeconómico de Galicia editado por Caixa Nova en 2005, é do 6.8, distinguindo un 6.3 para os homes e un 7.2 para as mulleres.

Vistos os datos estatísticos que se achegan nos anexos vese necesario introduci-la perspectiva de xénero neste proxecto, xa que son colectivos diferentes os das mulleres e os dos homes e tamén as súas problemáticas e perspectivas para a inserción.

Esta situación é o reflexo da realidade que vive o territorio, nunha coxuntura global rexional similar:

1. Non se crean postos de traballo netos no territorio.
2. O sector primario (agricultura, gandeiría, pesca) está perdendo postos de traballo, e non hai perspectivas de que esto cambie a corto prazo.
3. Non se instalan empresas que creen postos de traballo, ó contrario, algunhas coma os aserraderos, están a pechar e despedir xente.
4. O potencial de creación de postos de traballo do sector terciario é limitado.
5. Aumenta o número de emigrantes retornados (de Suiza, doutras zonas de España, ou de América Latina).
6. Aumenta a poboación activa, sobre todo de mulleres, e isto repercute notablemente no número de demandantes inscritos.
7. Algunhas empresas da zona plantéxanse trasladarse a outras áreas máis achegadas ós seus mercados.
Vese polo tanto, que o potencial de creación de emprego a nivel local é limitado, desde a perspectiva de busca de emprego a corto prazo. Sí existen vías para explora-la posta en marcha de empresas con actividades vinculadas a novos xacementos de emprego, que tamén se tratarán neste proxecto, no apartado adicado a autoemprego.

Concello de Vimianzo, 2007-01-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (receta_electronica.jpg) Un total de 45 municipios gallegos dispondrán del servicio de receta electrónica: la Xunta estima que hasta finales de 2008 se emitirán 300.000. El presidente del Ejecutivo gallego destacó que lo «pionero» de este sistema con respecto a los que ya se han puesto en marcha en Cataluña y Andalucía es «su carácter integrado».
Foto de la tercera plana (barquito_amarrado_puerto.jpg) Los profesionales del sector verán reconocidos los buques pesqueros como sus centros de trabajo en la nueva Ley de Pesca. Por otra parte, Mozambique y Pescanova realizarán estudios conjuntos para introducir la acuicultura en el país. La empresa gallega anuncia el comienzo de su producción de tilapia en las instalaciones de Pernambuco (Brasil).

Notas

O contrato da modernización administrativa adxudicouselle á empresa Informática El Corte Inglés que oferta a plataforma eSIGEM utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos.
Os dous mandatarios aproveitaron a reunión para abordar iniciativas de cooperación entre Galicia e Namibia. Pesca envía contenedores con equipamento para a fábrica de Omahenene.

Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información