
A ConsellerÃa de Innovación e Industria, a través de Turgalicia-Dirección Xeral de Turismo, presenta un ano máis un stand institucional na Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR 2007, que servirá de escaparate para a presentación da oferta turÃstica de Galicia cara o ano 2007 aos operadores turÃsticos españois e estranxeiros, e no que estará presente toda a oferta, servizos e recursos turÃsticos galegos, entre os dÃas 31 de xaneiro e 4 de febreiro.
Para esta edición de FITUR, Turgalicia deseñou un recinto promocional de 1.223 metros cadrados no que tamén estarán como coexpositores os concellos de Lugo e Ferrol; e as entidades Turismo de Santiago, Turismo da Coruña, Turismo de Vigo, Mariña luguesa, Comarca do Salnés, a Mancomunidade Arousa Norte, o Plan de dinamización turÃstica da Costa da Morte, o Plan de dinamización turÃstica Ferrol-Ortegal e o Padroado provincial de Turismo de Ourense.
Turismo atlántico
Este ano, Turgalicia promocionará dun xeito especial os valores turÃsticos que identifican e diferencian a oferta turÃstica galega, agrupados baixo a denominación de Turismo Atlántico. Este novo concepto baséase no xeito de vida dos propios galegos, marcado pola fonda presenza do Océano e será o eixo fundamental da promoción turÃstica galega para o no 2007.
No stand institucional galego terá tamén unha presenza especial a promoción dos contornos urbanos de Galicia, asà como os centros históricos das cidades galegas como espazos turÃsticos senlleiros.
Ademais, Turgalicia fará un especial fincapé na promoción do Turismo de Saúde, as rÃas galegas, as zonas turÃsticas do interior e o Camiño de Santiago, a través de apartados diferenciados.
Imaxe de prestixio
En canto ao deseño do espazo de promoción do Turismo galego en FITUR 2007, preténdese transmitir unha imaxe de prestixio, cun estilo de vida que conta con personalidade propia.
A solución estética do stand baséase no concepto “escaparate”, baixo unha liña de vangarda, preciosista e de calidade, que pretende xerar un valor emocional da imaxe de Galicia entre os visitantes.
Nesta edición prÃmase o elemento humano cun alto enfoque publicitario por medio de grandes fotografÃas.
No marco da Feira Internacional do Turismo de Madrid, este ano o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinará o vindeiro xoves dous acordos de colaboración con Turespaña para a promoción conxunta dos catro territorios do norte da PenÃnsula Ibérica, dentro da marca España Verde, e para a promoción conxunta do Camiño de Santiago cos territorios polos que atravesa esta ruta.
Ademais, o xoves, o director xeral de Tursimo e conselleiro delegado de Turgalicia, Rubén Lois, asinará un acordo coa vicepresidenta de Turespaña, Amparo Fernández, para o desenvolvemento conxunto dunha campaña de publicidade do Turismo galego nos mercados europeos.
Cita internacional
A Feira Internacional do Turismo de Madrid, FITUR, está consolidada como un mercado de referencia internacional para os distintos destinos e produtos turÃsticos, e supón unha inmellorable plataforma de promoción e comercialización turÃstica.
Este ano, este certame turÃstico contará coa participación de máis de 800 expositores directos e espérase que se acheguen ata o recinto feiral máis de 100.000 persoas.
Actos no stand de Galicia:
Mércores, 31 de xaneiro:
16.00 horas.- PRESENTACIÓN RED DE JUDERÃAS DE ESPAÑA: CAMIÑOS SEFARAD: Organiza: Concello de Ribadavia e Red de JuderÃas de España. Na sala de actos do stand.
17.00 horas: PRESENTACIÓN “CIDADES SANTAS PATRIMONIO DA HUMANIDADE: XÉRUSALEM, ROMA E SANTIAGO”. Organiza: Turismo de Santiago. Lugar: sala de actos do stand.
18.00 horas: PRESENTACIÓN “O PLAN DE DINAMIZACIÓN DE PRODUTO TURÃSTICO DE FERROL-ORTEGAL: LIÑAS DE TRABALLO”. Organiza PDT Ferrol-Ortegal. Lugar: Sala de actos do stand.
Xoves, 1 de xaneiro.
11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “A CORUÑA, BALCÓN DO ATLÃNTICO”. Organiza Turismo da Coruña. Lugar: sala de actos do stand.
12.00 horas.- FIRMA CONVENIO PARA A CAMPAÑA DE PUBLICIDADE CONXUNTA ENTRE TURGALICIA E TURESPAÑA. Na sala de actos do stand.
FIRMA CONVENIO ENTRE A CONSELLERÃA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA PARA PRÃCTICAS EN OFICINAS ESPAÑOLAS DE TURISMO NO EXTRANXEIRO. Na sala de actos do stand
13.00 horas.- PRESENTACIÓN “A COSTA DA MORTE, UN MAR DE VIDA ATLÃNTICA” Organiza PDT Costa da Morte. Lugar: sala de actos do stand.
17.00 horas.- PRESENTACIÓN:”AS COCIÑAS DO SALNÉS”. Organiza PDT O Salnés. Lugar: sala de actos do stan.
17.30 horas.- PRESENTACIÓN: “”O SALNÉS E A CABEZA DO DRAGÓN”. Organiza Mancomunidade de O Salnés. Lugar: sala de actos do stand.
18.00 horas.- PRESENTACIÓN: LIBRO-RECETARIO DE AMIGOS DA COCIÑA GALEGA e PRESENTACIÓN LIBRO “GALICIA NO PADAL”. Organizada por la DXT. Lugar: sala de actos do stand.
Venres, 2 de xaneiro
11.00 horas.- PRESENTACIÓN: “PAISAXES CULTURAIS DE OURENSE”. Organiza Padroado Provincial de Turismo de Ourense. Lugar: sala de actos.
12.00 horas. Chegada do Presidente da Xunta ao recinto feiral.
13.00 horas.- RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA AO SECTOR TURÃSTICO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Sala de actos do stand.
13.30 horas.- Aperitivo ofrecido aos asistentes do acto anterior. Bar do stand.
16.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESTINO TURÃSTICO AROUSA NORTE” Organiza Mancomuniade Arousa Norte. Lugar: sala de actos do stand.
17.00 horas.- PRESENTACIÓN “TURISMO MARIÑEIRO E PESQUEIRO”. Organiza Turgalicia. Lugar: sala de actos do stand.
18.00 horas.- PRESENTACIÓN “DESCENSO INTERNACIONAL DE REMO DO RIBEIRO”. Organiza: AGAN. Lugar: sala de actos do stand.
Os chefs representantes de cada cidade son: Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol); Carlos Montes de La SifonerÃa Gastrobar (A Coruña); Rodrigo Seoane de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela); Rubén González de El CafetÃn de La Alameda (Pontevedra); Rebeca Guede de La Orensana (Vigo); Beatriz Alcalá de La zapaterÃa del abuelo (Ourense) e Jose Luis Pardo de El Boni (Lugo). Os sete cociñeiros competirán por dous galardóns e serán outorgados por un xurado profesional e outro popular, integrado polos invitados á gala, que utilizará un sistema de televotación. Todos eles valorarán cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor.
Presetouse a segunda parte da campaña de Trens TurÃsticos de Galicia, que inician estee sábado 6 de xuño unha nova quenda de viaxes coas saÃdas da Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra polo Sil. Os trens que inician saÃda neste mes son o das Rutas dos Faros (con saÃdas 6 e 20 de xuño, 4 e 18 de xullo, 29 de agosto e 26 de setembro, todas vendidas); os da Ribeira Sacra polo Sil (6 e 27 de xuño e 11 de xullo, xa vendidas; e 1 e 22 de agosto e 12 de setembro, aÃnda con prazas á venda); a da Ribeira Sacra polo Miño (13 de xuño, esgotadas, e 5 e 26 de setembro); e a dos Mosteiros (20 de xuño -xa vendidas- e 25 de xullo). O programa de Trens TurÃsticos de Galicia é unha iniciativa de Turismo de Galicia, en colaboración con Renfe e o INORDE. En total, en 2026 realizaranse 13 rutas e 33 saÃdas, cunha ruta -a da Camelia- xa realizada.