Notas de prensa

Este luns terá lugar a inauguración oficial da XL Semana de Cine de Autor de Lugo e a presentación do libro '40 SEMANAS DE CINE EN LUGO'

O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.

De seguido, efectuarase a proxección da primeira das películas a concurso dentro da Sección oficial, TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, que será presentada pola súa directora Xiana do Teixeiro. A película foi rodada en Lugo, con participación de lucenses que asistirán á proxección.

Nesta xornada inaugural, ás 19,00 h., na sala da Deputación Provincial, vaise presentar o libro 40 SEMANAS DE CINE EN LUGO, orixinal de Manuel Curiel e Xulio Xiz, que resume e analiza a traxectoria da Semana de Cine desde o seu nacemento en 1979 ata o momento actual. Con motivo desta Semana tamén se vai publicar o libro homenaxe á actriz de orixe lucense Rosario Durcal.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2018-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20180925_hoteis.jpg) Máis de 634.000 turistas aloxáronse o pasado mes de agosto nos establecementos hoteleiros de Galicia, onde realizaron preto de 1,5 millóns de noites. Son viaxeiros que atoparon motivos para permanecer máis tempo na nosa Comunidade, pois a estadía media experimentou unha mellora do 3%, acadando así o dato máis elevado en oito anos e favorecendo a evolución de diversas variables cualitativas. En concreto, o sector hoteleiro galego viu melloradas un 3,7% as súas tarifas no oitavo mes do ano de acordo cos datos difundidos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Este feito, unido a diversos aspectos, permitiu que os empresarios optimizaran a súa rendibilidade medida a través do RevPAR, ingreso medio por habitación dispoñible.
Foto de la tercera plana (a_derradeira_leicion.jpg) 'A derradeira leición' do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o 'Guernica galego'— foi hoxe descolgada e embalada por técnicos especialistas para iniciar o procedemento de traslado desde o Centro Galicia de Buenos Aires a Galicia, onde se exhibirá por vez primeira na Cidade da Cultura —do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019— como eixe central de 'Castelao maxistral', homenaxe ao papel dos mestres e mestras das tres primeiras décadas do século XX na construción do ensino público.

Notas

A Obra Social de ABANCA presenta a segunda edición de ACREATIVA, un proxecto que ten como obxectivo mostrar as novas tendencias e vangardas culturais a través de diferentes experiencias creativas. O foco centrarase na música como fío condutor pola súa ampla capacidade para ramificarse e influenciar noutras escenas, e as mulleres e o seu papel na industria musical terán un espazo relevante, xa que o 80% das actividades que se desenvolverán estarán protagonizadas por artistas femininas.
Un total de 16 empresas galegas participan desde mañá en Sevilla na novena edición de BioSpain, considerada a quinta feira biotecnolóxica máis relevante a nivel mundial e a primeira de Europa con sede fixa nun país. Deste xeito, Galicia duplica a súa presenza con respecto ao anterior encontro, que tivo lugar en Bilbao en 2016.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Noticias RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania