Notas de prensa

Os centros de interpretación do Camiño de Santiago atenderon a máis de 22.500 persoas no primeiro semestre deste ano

Mais de 22.000 persoas pasaron polos centros de interpretación do Camiño de Santiago no primeiro semestre deste ano. Galicia conta con catro infraestruturas deste tipo en tres itinerarios distintos, amais de na súa meta: o centro do Cebreiro, no Camiño Francés; o de Mondoñedo, no Camiño do Norte, e o centro de Lugo, no Camiño Primitivo.

Esta oferta divulgativa se completa co asesoramento ofrecido no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino como parte dos seus diversos servizos. O centro de interpretación do Camiño de Santiago no Cebreiro, no emblemático punto de entrada do Camiño Francés na Comunidade, rexistrou máis de 3.700 usuarios de xaneiro a xuño. No caso de Mondoñedo, foron máis de 2.800, mentres que en Lugo chegaron a 3.400. Máis destacado é aínda o volume de persoas atendidas na capital galega: máis de 12.500.

Este tipo de centros de interpretación, xestionados desde Turismo de Galicia a través do Xacobeo, outorgan un valor engadido á experiencia da peregrinación, xa que brindan aos camiñantes apoio, información e contidos complementarios que lles axudan a comprender e coñecer máis o Camiño de Santiago, en xeral, e a ruta que están a percorrer en particular.

A especialización e calidade na atención ao peregrino é precisamente unha das liñas de traballo do Plan director do Camiño de Santiago, ao igual que o fomento da investigación e da divulgación arredor da cultura xacobea, algo ao que contribúen estes catro centros, que se atopan nas tres rutas declaradas Patrimonio Mundial pola Unesco na Comunidade.

Tanto estes itinerarios como todos os restantes están a experimentar melloras ao abeiro do Plan director. Coa vista posta no Xacobeo 2021, xa se desenvolveron numerosas iniciativas en eidos como a sinalización, a potenciación dos valores patrimoniais, a execución de novas infraestruturas e a mellora das existentes e o impulso da accesibilidade, entre outras.

Apertura de igrexas

Nesta liña, e grazas á colaboración entre Turismo de Galicia coas autoridades eclesiásticas, este verán é posible visitar numerosos templos de diferentes rutas xacobeas, permitindo que os viaxeiros se acheguen ao rico e variado patrimonio cultural existente no Camiño Francés, no Camiño Primitivo, na Vía da Prata, no Camiño Portugués ou no Camiño Inglés.

No caso da Diocese de Lugo, abrangue as igrexas de Santa María de O Cebreiro, Santiago de Triacastela, o punto de información do Mosteiro de Samos, O Salvador de Sarria, San Nicolás de Portomarín, O Salvador de Vilar de Donas, San Tirso de Palas de Rei, San Xoán de Furelos, San Pedro de Melide, Santiago de Boente, Santa María de Fonsagrada, Santa María de Vilabade, a Catedral de Lugo, incluída na declaración de Patrimonio Mundial dos Camiños do Norte, Santiago de Taboada, en Silleda, e Santa María de Dozón.

Pola súa banda, na Arquidiocese de Santiago de Compostela inclúense os templos de A Peregrina en Pontevedra, a Capela de San Marcos no Parque Monte do Gozo, a Capela Xeral de Ãnimas, San Bieito, Santa María do Camiño, San Andrés de Barciela, o Mosteiro das Beneditinas, a Colexiata de Iria Flavia, a Capela da Madalena, Capela de Francos, Santo Domingo de Betanzos, Santa María de Betanzos e Santiago de Betanzos.

Axencia de Turismo de Galicia, 2018-08-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES