Notas de prensa

O posto da marca …E Para Comer, Lugo fará promoción turística da provincia en La Vuelta 2018

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, anunciou esta mañá que a entidade vai participar de novo en La Vuelta a España, co posto de Â…E para comer, Lugo, da man de Turismo de Galicia. Na mesa da presentación oficial sentaron a conselleira do Medio Rural, Ãngeles Vázquez; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director de La Vuelta, Javier Guillén.

Acompañaron ao presidente da Apehl varios respresentantes da política autonómica, provincial e local, así como participantes na competición e patrocinadores. Entre eles, cómpre citar ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro; a secretaria da Mesa do Parlamento, Raquel Arias; Belén do Campo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias Belén do Campo; Paloma Vázquez, xefa territorial de Turismo, e o alcalde de Ferreira de Pantón, José Luis Ãlvarez. Como representantes do Concello de Lugo acudiron Ana González Abelleira, concelleira de Asuntos sociais, e os concelleiros do Partido Popular Antonio Meijide e Ãngel Trabada.

Entre as persoas que taballarán en La Vuelta estiveron presentes Iñaki Albistur, propietario do catering de La Vuelta, e Bruno Perna, responsable da Horta de Paula (Mondoñedo), un dos cociñeiros encargados de realizar degustacións dos produtos lucenses durante a competición. Finalmente, asistiron Jesús Lázare, presidente do CB Breogán; Mari Paz Bergantiños, conselleira de Administración do CD Lugo, e Raquel Saqués, filla de Tino Saqués, presidente do club, e un representante de Transportes Valín, colaboradores habituais da difusión da marca …E para comer Lugo.

Esta será a sétima vez consecutiva que a Apehl faga promoción turística da provincia de Lugo por todo o país durante o desenvolvemento desta competición. O posto de … E para comer, Lugo, instalado na zona VIP das 21 saídas de etapa e atendido directamente por persoal da Asociación, goza cada ano dunha grande acollida por parte do público. Ao igual que nas anteriores edicións, serviranse a todos os visitantes aperitivos elaborados con produtos da nosa terra e difundiranse exemplares da guía ... E para comer, Lugo.

Na súa intervención, Real agradeceulles o seu apoio á Xunta de Galicia e mais aos produtores lucenses que abastecen o posto da materia prima necesaria para realizar as degustacións. De momento, nesta lista de colaboradores atópanse os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Afapan. Cómpre destacar que este ano por primeira vez súmanse á lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga). Segundo o presidente da Apehl, “son moitas as persoas que eloxian a calidade, a frescura e a variedade dos produtos que se ofrecen no stand da Asociación e así queremos que siga sendo”.

Pola súa banda, Ãngeles Vázquez, resaltou a marca Â… E para comer, Lugo como o slogan identitario da provincia que ano tras ano ve medrar o número de turistas e lembrou o apoio que a Xunta de Galicia realiza en cada edición. Así mesmo, como conselleira do Medio Rural, apuntou que se sente moi orgullosa de que unha gran parte dos colaboradores pertenzan ao sector agrogandeiro da nosa comunidade.

Nava Castro salientou a importancia de potenciar a gastronomía, posto que é un dos motivos principais polo que os turistas escollen esta comunidade como destino. Neste sentido, valorou o papel da marca …E para comer, Lugo coma un referente para promover a gastronomía galega.

Tamén o director de La Vuelta destacou o rol desta campaña, xa que é un proxecto que entronca perfectamente coa súa pretensión de que a proba ciclista non sexa só un evento deportivo, senón un evento social, unha plataforma popular para dar a coñecer as marabillas dos lugares polo que se pasa. Neste sentido, insistiu no “valor deses lugares” coma un elemento de comunicación pois, segundo lles lembrou a todos os asistentes La Vuelta foi seguida na pasada edición por máis de dezanove país e alcanzou os 4oo millóns de visualizacións.

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo, 2018-08-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES