GaliciaDigital prepara unha web sobre a Academia de Vilalba
Promovida polos antigos alumnos da Academia Santa MarÃa de Vilalba, a plataforma en internet Galicia Digital está a traballar na confección dunha web que vaia recollendo anacos da historia desta Academia que tivo un especial papel na formación secundaria de centos de vilalbeses despois da desaparición do Instituto que funcionou no edificio do Hospital os anos trinta do pasado século.
Como cada ano (este, xa é o décimo), exacadémicos desta institución vilalbesa se xuntan nunha comida, preténdese que a web se poña en funcionamento con motivo desta celebración, que terá lugar o próximo 29 de agosto, no Restaurante Montero de Vilalba.
A web, que recibirá aportacións de todos os que queiran aportar lembranzas ou testemuñas, irá conformándose e medrando segundo vaia recibindo achegas de todos os que conserven papeis e recordos da antiga Academia.
Prégase que todas as aportacións ou suxerencias se fagan chegar ao correo electrónico xulio@galiciadigital.com.
GaliciaDigital, 2018-03-08
Actualidad
Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maiorÃa de ‘influencersÂ’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias XurÃdicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes quÃmicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.