Notas de prensa

O Festival Groba celebra a súa sexta edición cos sons do vento-metal e da voz coral como principais novidades

O Festival Groba regresa cun programa que se desenvolverá do 18 ao 24 de agosto en Ponteareas. A sexta edición desta iniciativa promovida pola Orquestra de Cámara Galega incorpora como principal novidade o protagonismo do son do vento-metal e do son da voz coral. O vento-metal terá como máximo representante o grande instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass.

O quinteto galego será o encargado de estrear a obra Distorsións ubedianas, do mestre Groba, dedicada á creación do pintor pontevedrés Rafael Úbeda.

O director da OCG, Rogelio Groba Otero, debullou esta mañá a programación do festival en rolda de prensa, na que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor a contribución da iniciativa a garantir unha oferta cultural de calidade en todo o territorio e á difusión da música clásica en Galicia, da man dunha das principais formacións galegas. Tamén destacou a posta en valor da figura que lle dá nome, Rogelio Groba Groba, ao que se referiu como un dos compositores máis prolíficos e comprometidos co patrimonio musical galego. Finalmente, o secretario xeral salientou o papel do festival en tanto que referente pola súa aposta pola educación de novos valores musicais, con clases maxistrais que este ano estarán dedicadas á trompeta, cello, violín, viola, piano e música de cámara.

Como en pasadas edicións, o festival, que tamén conta co apoio do Concello de Ponteareas e da Deputación de Pontevedra, programará concertos diarios ás 21:00 horas no audiotorio municipal, nos que participarán grandes intérpretes cunha longa e importante traxectoria internacional, así como con outros que inician unha prometedora carreira na escena musical.

Estrea mundial de ‘Rosalía na catedral’

O cartel inclúe tamén un dos coros máis importantes do panorama europeo, o Coro de Cámara de Pamplona, que interpretará, xunto á OCG, a emblemática cantata Cantigas de mar, con textos de Filgueira Valverde, e realizará a estrea mundial dunha das últimas obras compostas polo mestre Groba, Rosalía na catedral.

Ademais das obras de Rogelio Groba, formarán parte dos repertorios dos concertos de cada noite compositores como J. Neruda, C. Saint-Saëns, G. Faure, Mozart, E. Granados, Mendelsson, J. Turina, Beethoven etc.

Este ano, igual que na pasada edición, a Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do Festival Groba desde o seu inicio no 2013, sairá do auditorio e realizará un concerto na Residencia de Maiores Santa Ana para achegarlles a música clásica e o espírito do festival ás persoas maiores con dificultades de mobilidade. Así mesmo, o salón de plenos do Concello será escenario dun concerto de cámara co gallo do 120 aniversario da sede municipal.

Concello de Ponteareas, 2018-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES