Notas de prensa

A feira de artesanía Mostrart celebra a súa 34ª edición na Coruña

A feira de artesanía MOSTRART, que ten lugar nestas datas na Coruña dende 1985, vai a celebrar a súa edición número 34 a partir do sábado 28 de xullo (inauguración prevista as 12 h.). Mostrart estará instalada no paseo dos Xardíns de Méndez Núñez que está enfrente do Cantón Pequeno, un espazo privilexiado que permite unha visita agradable baixo a sombra. Este ano Mostrart amplía o número de participantes: 55 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia.

Prácticamente todos acollidos o sistema da Marca oficial da Artesanía de Galicia, e un obradoiro invitado que procede de Burgos. Os expositores repartiránse en 43 casetas, participando algún deles na primeira parte da feira e outros na segunda.

Destaca nesta edición a incorporación de sete novos obradoiros que acuden por primeira vez a esta feira:

- Las Flores de Greta, de Vigo, con complementos de moda.
- Coiraxe, de Vigo, con marroquinería contemporánea.
- Manolo Cremallera, un obradoiro histórico de marroquinería da Coruña.
- O Falsete, un obradoiro de olería de Buño (A Coruña)
- Chorima, con marroquinería de O Porriño (Pontevedra)
- El Arce Imaginario, obradoiro da Coruña que fai artigos con madeira reciclada procedente de taboas de patinar e madeira natural.
- Arobe Cerámica, un obradoiro de cerámica da Coruña que iniciou a súa actividade fai poucos meses na Cidade Vella

William Morris como inspiración

O cartel desta edición está baseado nun deseño de William Morris (1834-1896), figura clave do movemento Arts and Crafts que marcou unha influencia decisiva en todolos movementos posteriores relacionados co deseño e a artesanía contemporánea en Europa e América.

A súa figura é unha referencia fundamental na historia das artes e os oficios, e os seus postulados siguen tendo vixencia na actualidade. A feira conta co apoio da Xunta de Galicia, da Fundación Pública Artesanía de Galicia, do Concello da Coruña e da Deputación Provincial da Coruña.

Mostrart está organizada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA), que traballa na promoción da artesanía dende 1983, e conta con socios en toda Galicia.

Asociación Galega de Artesáns, 2018-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES