A resolución do xurado, composto por LuÃs G. Tosar, presidente do Centro Pen Galicia; EstÃbaliz Espinosa, gañadora da anterior edición do Premio de PoesÃa Afundación; Alba Cid, poeta; Xosé Ramón Pena, escritor; e Xabier Castro MartÃnez, escritor e secretario do xurado, deuse a coñecer esta tarde na sede de Afundación Santiago de Compostela, nun acto presidido polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director-xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar.
Durante a rolda de prensa, o secretario xeral de Cultura felicitou o gañador e gabou “o labor do xurado”, sempre difÃcil cando, “como pasa neste premio, as obras a concurso teñen unha calidade media moi elevada”. Nesta décimo sexta edición foron un total de 31 os traballos que concorreron ao premio.
Anxo Lorenzo amosouse moi orgulloso da colaboración do departamento que dirixe co certame, á que se referiu como “un investimento moi frutÃfero no presente e o futuro da nosa lÃrica poética”. “A colaboración e a suma de esforzos entre administracións, institucións e cidadanÃa resulta imprescindible para o desenvolvemento da cultura e para mantela en constante avance nas súas diferentes manifestacións”, asegurou Lorenzo.
“Un regreso á natureza”
O xurado destacou que o poemario gañador ofrece, “desde a sobriedade e a contención”, “un regreso á natureza que incorpora a autobiográfico e o metapoético”, ao tempo que entroucou a obra con “poéticas abertas na creación contemporánea, tanto na súa procura do salvaxe coma no recurso a un misticismo escéptico”.
Promover a creación literaria en galego
O certame conta co apoio e a participación da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da SecretarÃa Xeral de Cultura, que vén colaborando desde hai anos con esta cita de referencia na axenda cultural galega á vez que estimula a creación literaria. Con este obxectivo, a Xunta de Galicia contribúe coa realización de diversos premios e certames literarios, como o Premio Narrativa Breve Repsol, o Premio de PoesÃa Gonzalo López Abente, o Premio de PoesÃa Concello de Carral e o Certame de PoesÃa Xosé M. López Ardeiro, entre outros.
Gonzalo Hermo
Licenciado en FiloloxÃa Galega e doutor en LingüÃstica pola Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo (Rianxo, 1987) é autor dos poemarios Crac (Barbantesa, 2011) e Celebración (Apiario, 2014), polo que foi recoñecido co Premio Nacional de PoesÃa Joven Miguel Hernández no ano 2015 e co Premio da CrÃtica de poesÃa galega en 2014. O III Premio de PoesÃa Manuel Leiras Pulpeiro é outra das distincións do poeta rianxeiro, que tamén participou en diversas obras colectivas, a máis recente delas No seu despregar (Apiario, 2016).
O galardón comezou a andar no ano 2002 a instancias do Pen Club de Galicia e de Afundación. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, MarÃa do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, LuÃs Valle, Emma Pedreira, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, ElÃas Portela, Miguel Anxo Fernán Vello e EstÃbaliz Espiñosa, gañadora da anterior convocatoria.