Notas de prensa

Especialistas de todo o mundo avalían en Santiago a transición dos sistemas rurais cara á sostibilidade

Nas dúas últimas décadas a xeografía rural tratou a cuestión da sostibilidade como unha preocupación central. Non obstante, os múltiples debates que se teñen dado entre o persoal estudoso deste asunto subliñaron diversas contradicións e desencontros sobre a complicada transición dos sistemas rurais cara a esa sostibilidade.

Neste contexto, a Unión Internacional de Xeografía (IGU, nas súas siglas en inglés) decidiu dedicar enteiramente a esta cuestión o seu 26 coloquio anual, que se desenvolve esta semana en Santiago coa asistencia de especialistas de todo o mundo. No encontro trátanse de propoñer solucións e reducir as diversas brechas e diferencias que existen entre as redes agroalimentarias, entre as actividades rurais, entre os usos conflitivos da terra, entre as imaxes rurais e a ‘realidade sombría’, entre a expansión urbana e a agricultura e a preservación de espazos abertos e coas zonas rurais remotas, de baixa densidade e de montaña.

O 26 Coloquio da Comisión de Sustentabilidade de Sistemas Rurais da IGU (CSRS-IGU) titulado ‘Sistemas rurais infinitos nun planeta finito’ desenvólvese na Facultade de Xeografía e Historia para trasladarse a finais de semana a A Veiga e A Ulloa. Está organizado polo Grupo Ante da USC e pola citada comisión. A inauguración do encontro celebrouse este luns 16 no Paraninfo da Universidade coa presenza do vicerreitor de Investigación, Vicente Pérez Muñuzuri; o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o decano do centro anfitrión, Francisco Durán; o director do Departamento de Xeografía da USC e vicepresidente da IGU, Rubén Lois; o profesor da USC e director do Coloquio, Valerià Paul; e os representantes do CSRS-IGU, Holly Barcus e Serge Schmitz.

Durante todo o encontro prestarase especial atención á escala local, sen deixar de lado outras interrelacionadas para cumprir co esforzo de pechar as brechas cara á sostibilidade. A partir de aí, Ãfrica e América Latina serán rexións tamén representadas nas distintas sesións, nas que Galicia ocupa un lugar central por ser “un laboratorio adecuado para colmar as lagoas con respecto a esta problemática”, como sinalan os organizadores. A comunidade galega conta cun campo “altamente innovador” e con “sistemas agrícolas tecnoloxicamente avanzados, como as industrias hortícolas e lácteas”. Neste senso, “estas industrias teñen un impacto considerable no medio ambiente e deben adaptarse constantemente ao marco variable da política agrícola común da UE”.

O Comité organizador destaca igualmente como, no caso galego, as redes alternativas e alimentos emerxentes coexisten nas mesmas áreas que a agricultura convencional, “formulando preguntas constantes sobre a compatibilidade e a competencia”. Nesta mesma dimensión “dedicáronse importantes inversión da UE ao crecemento do sector do turismo rural, pero a sustentabilidade económica desta industria punta cuestiónase constantemente”. En termos espaciais, moitas áreas “están baixo a presión dun importante fluxo turístico global, como o Camiño de Santiago, con centos de miles de peregrinos cada ano”.

Universidade de Santiago de Compostela, 2018-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES