Entra en vigor a normativa que obriga aos comercios a cobrar polas bolsas de plástico dun só uso
Tras moitos meses debatendo sobre as bolsas de plástico, xa hai sobre a mesa un Real Decreto que obriga aos comercios para cobrar polas bolsas de plástico dun só uso a partir deste domingo, e que esixe a súa retirada do mercado a partir de 2021. A lexislación tamén inclúe a prohibición das bolsas de plástico oxodegradable en 2020. É un material que se divide en pequenas partÃculas de plástico en moi pouco tempo.
A pesar destes avances, a normativa permite que as bolsas se substitúan por bolsas biodegradables, polo que a proposta segue afondando no modelo de usar e tirar. Con este Real Decreto non se limita a extracción de recursos naturais senón que se traslada o problema dun material a outro.
Ademais, non todas as bolsas biodegradables están compostas por materiais 100% orgánicos, algunhas seguen tendo porcentaxes de plástico procedente de petróleo na súa composición. Doutra banda, as bolsas compostables xeran problemas se acaban nos fluxos de reciclaxe do plástico convencional, reducindo a calidade do plástico reciclado.
Por este motivo, Amigos da Terra considera que se perdeu a oportunidade de promocionar a redución real de residuos, de apostar polas alternativas reutilizables e duradeiras, como as bolsas de tea, capazos ou carriños.
à súa vez, a organización ecoloxista sinala que a medida chega demasiado tarde e recalca a necesidade de poñer en marcha propostas para reducir a contaminación por plástico procedente de diferentes envases e produtos desbotables, pola gravidade do problema. As previsións elaboradas pola Fundación Ellen McArthur indican que, se non se cambia o modelo de consumo e xeración de residuos plásticos, en 2050 haberá máis plástico que peixes nos océanos.
”Levamos anos reclamando medidas efectivas para eliminar as bolsas de plástico dun só uso e outros produtos como pratos, vasos, cubertos, e reivindicando alternativas reutilizables. O real decreto de bolsas é un primeiro paso neste camiño, pero deberÃa ser máis ambicioso”, sinala MarÃa Durán, responsable de Recursos naturais e residuos de Amigos da Terra. Unha vez posta en marcha a medida de redución de bolsas de plástico é necesario empezar a traballar noutros produtos, tal e como expón a Unión Europea no borrador de Directiva de plástico dun só uso.
Amigos da Terra, 2018-07-02
Actualidad
A SecretarÃa de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese TurÃstico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase asà ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a RomarÃa de Nosa Señora da Barca (MuxÃa), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de VerÃn. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (VilagarcÃa de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o tÃtulo 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na LusofonÃa', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vÃnculo entre Galicia e os paÃses lusófonos para promover o debate, a crÃtica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüÃstico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artÃstico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na VÃa Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de paÃses como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac DÃaz Pardo e Luis Seoane que marcarÃa unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegarÃa a recuperación de Sargadelos, asà como unha serie de iniciativas para desposuÃr do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.