'Survival zombie': na procura da fórmula contra a praga de mortos viventes que pode arrasar coa humanidade
A ConcellerÃa de Xuventude de Ourense vén de presentar, no salón de plenos municipal, un evento que pode cambiar o curso da historia: trátase do Survival Zombie, un xogo aberto a toda a mocidade (a partir de 10 anos) de Ourense no que haberá que procurar o antÃdoto contra unha praga de mortos viventes. Na organización haberá máis dun cento de persoas, e cóntase coa complicidade do Campus de Ourense de rugbi e dos Olimpo e Uro, de airsoft.
“As persoas participantes deberán ir pasando unha serie de obstáculos terrorÃficos en equipos de catro persoas”, adiantaba a concelleira SofÃa Godoy, na presentación. Trátase, en calquera caso, de “pasar unha noite de terror e pasalo de medo”, dixo.
“A mocidade ten capacidade organizativa e de xestión para facer cousas interesantes por esta cidade,” comentaba Alberto Núñez, de Xogón, organizador do evento. Pódese anotar calquera persoa con ganas de participar e de divertirse: recibirán un kit de supervivencia á súa chegada e haberá un grupo de voluntarios axudando a maquillar a todos os asistentes. No caso dos menores de idade, deberán achegar un documento asinado por un titor legal, e deberán estar sempre acompañados por unha persoa maior de idade no desenvolvemento dos xogos.
A autorÃa do cartel é, coma nas últimas ocasións, de Héctor Pérez Cortizo.
O evento comezará ás 19:30 horas, aÃnda que o parque Beiramiño estará preparado desde a mañá para o evento, e durará até pasada a media noite.
Concello de Ourense, 2018-06-21
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.