Notas de prensa

O Descenso do Miño (Ourense) celebra as vodas de ouro coa participación de 500 palistas desde Os Peares ata Velle

No ano 1963, e con tan só dúas piraguas canadenses, un grupo de deportistas de Ourense botábanse río Miño abaixo para chamar a atención sobre os deportes náuticos. Hoxe, no salón de plenos municipal, eses mesmos “aventureiros” arroupaban a presentación do 50 Descenso do Miño, que convocará este sábado 23 de xuño en Ourense a medio milleiro de deportistas (497 confirmados) de 38 equipos.

Unha actividade que compre medio século “demostra inequivocamente que é de grande arraigo popular, con moita máis participación, tradición e vistosidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Esta tradición comezou en 1.964, con catro piragüistas en dúas piraguas que foron transportadas até Os Peares, segundo recordaban na presentación algúns dos pioneiros deste deporte, no camión do lixo do Concello. En todo este tempo mudaron as formas e, sobre todo, o número de deportistas federados (4.250 licenzas federativas en Galicia). Pero non “o tesón para navegar os nosos ríos”, en palabras de Alrfedo Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo.

à presentación non quixo faltar tampouco a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, que presumiu do potencial do piragüismo galego -actualmente os nosos piragüistas “están entre os mellores do mundo”- e “da extraordinaria organización de eventos deportivos, que mellora ano a ano a pasos axigantados”, pero tamén dunha paisaxe envexable.

Nesa mesma liña manifestouse tamén Julio Masid, director de Viaqua (patrocinador principal da proba), quen quixo darlle valor á oportunidade de pór en valor o coidado polo medio ambiente deste tipo de probas, especialmente no marco do río Miño “que nós tratamos de coidar tan especialmente”.

A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes, comezará ás 17:30 horas nos Peares, e a chegada dos case medio milleiro de palistas será no encoro de Velle.

à presentación asistiron, tamén: Mario González, xerente do Consello Municipal de Deportes; Ana Tejeiro, responsable de Viaqua en Ourense; José Luís González 'Chelis', da Escola Municipal de Piragüismo; e unha representación dos pioneiros do descenso do Miño.

Concello de Ourense, 2018-06-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES