Homenaxe a Alfonso Blanco Torrado o 8 de xullo
Alfonso Blanco Torrado, Presidente de Xermolos e impulsor da Irmandade Manuel MarÃa da Terra Chá, levaba tempo traballando para homenaxear a “Os da LexÃa”, os irmáns coruñeses masacrados no ano 1936, que foran detidos en terras de Guitiriz. Arredado momentáneamente da actividade diaria por problemas de saúde, os membros de Xermolos e varios amigos de Alfonso Blanco están a continuar con esta iniciativa, ampliando o obxecto de maneira que sexa tamén unha homenaxe a Alfonso.
A idea é manter a liña prevista da recuperación da memoria histórica, pero homenaxear tamén a Alfonso Blanco, dinamizador cultural de toda a Terra Chá.
Por iso, o próximo 8 de xullo, en Santa Mariña de Guitiriz, ás 12 da mañán, vaise erixir un monolito en homenaxe a estes defensores da dignidade e da liberdade – “Os da lexÃa” e Alfonso Blanco Torrado- en recordo de uns e agradecemento a Alfonso, na parroquia que el rexenta, coincidindo coas festas patronais da localidade.
O monolito é una obra do escultor Valdi – Xosé Val DÃaz- que conta coa colaboración económica de diversas asociacións culturais e entidades e administracións locais de Galicia.
Xermolos, 2018-06-18
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.