Notas de prensa

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia presenta o programa da súa 34ª edición, con 21 representacións e espectáculos de rúa

O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, para despois xirar por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune, entre outros galardóns.

A MIT tamén se congratula de anunciar a estrea en España dos espectáculos internacionais La Goia, do gran artista italiano Pippo Delbono e Ella sobre ella, da recoñecida directora e dramaturga uruguaia Marianella Morena. Dous grandes nomes do teatro contemporáneo internacional, como é costume no festival, que en cada edición reserva un apartado para os artistas escénicos internacionais máis destacados.

No programa de 2018, sen obviar o criterio de calidade, a MIT demostra o compromiso de igualdade asinado na pasada edición cos Tempadas de Igualdade, como se pode ver nos espectáculos asinados polas creadoras d'A Panadaría, De Vacas, Marianella Morena, Natalia Menéndez, Laila Ripoll, Cristina Collazo, La Nórdika ou Lali Ãlvarez.

Do conxunto do estado, preséntase unha escolma dos mellores traballos escénicos do ano en diversos formatos, pois a diversidade de linguaxes e estilos é un dos selos de calidade da MIT. Así haberá circo, teatro musical, teatro documento, drama e comedia procedente de Asturias, Andalucía, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Extremadura ou Castilla La Mancha. No ámbito internacional, con procedencia de Reino Unido, Italia, Portugal, México e unha mirada especial á creación actual da dramaturxia uruguaia, coa presentación da obra de Marianella Morena e Sergio Blanco.

O programa complétase con cursos, obradoiros, conferencias, presentacións de libros e espectáculos en lugares insólitos, entre os viñedos do Ribeiro e en zonas do rural, dentro do espazo SputMIT, satélites da MIT para poñer en valor a arte no marco excepcional da paisaxe do Ribeiro.

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, 2018-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES