Varias propostas son biografÃas para público máis novo pero tampouco faltan outras para o adulto que profundan na vida persoal, na análise do seu legado literario e tamén no seu activismo cultural, desde o labor docente ata o de editora. Todas elas son un convite para reler, ou descubrir, a escrita dunha autora que, malia nacer e medrar fóra de Galicia, axiña fixo súa a lingua do paÃs no que se estableceu definitivamente.
MarÃa Victoria Moreno, unha muller brava. Urco editora dedicou en 2016 o segundo tÃtulo de Mulleres bravas da nosa historia a MarÃa Victoria Moreno, meses antes de que a Academia decidise facela protagonista das Letras Galegas 2018. Continuaba asà a colección, inaugurada con RosalÃa de Castro, cunha aposta daquela arriscada, conta a autora do texto, Eli RÃos, porque a súa figura permanecÃa para moita xente "no esquecemento". "Cando presentamos os dous primeiros libros da colección no Culturgal a xente dicÃa: Quen é esta muller que acompaña a RosalÃa? Houbo crÃticas moi fortes por esta escolla desde o sector cultural, pero ao mesmo tempo produciuse un levantamento da memoria e unha acollida moi boa por parte do público. Comezaron a achegársenos profesoras de galego que nos dicÃan: ‘Eh! Foi a miña profe!', e persoas que recordaban que leran novelas súas como Anagnórise ou traducións ao galego como a que fixo de Mecanoscrito da segunda orixe", recorda.
O volume, ilustrado por Eva Agra, dirÃxese ao público máis novo, pero non en exclusiva. "É unha biografÃa moi sinxeliña, esquemática, pero se queres profundar en MarÃa Victoria Moreno dámosche os primeiros pasos para que o poidas facer e, ao mesmo tempo, introduce as crianzas nunha escritora que non teñen como referente", sinala Eli RÃos. Para ese público máis novo recorreuse á axuda de Navia, a rapaza que vai explicando de maneira amena as palabras e os conceptos máis complicados.
Unha historia de amor. Lela Edicións publicou no ano 2017 outra obra sobre a autora dirixida ao público de menos idade, Unha historia de amor. Pequena biografÃa de MarÃa Victoria Moreno, unha lectura recomendada a partir dos 6 anos. Joanna Lorenzo Montero percorre a través das páxinas deste libriño a vida da escritora e Tania Solla ponlle forma e cores coas súas ilustracións. O tÃtulo dedicado á protagonista das Letras Galegas 2018 forma parte doutra serie que xurdiu co propósito de visibilizar a mulleres afoutas do paÃs, a Colección Mulleres Galegas, na que comparte andel coa oceanógrafa Ãngeles Alvariño, a pintora Maruja Mallo e a mestra e pedagoga Ernestina Otero.
A muller que durmÃa pouco e soñaba moito. "Eu debo moito aos soños e serÃa inxusto non recoñecelo porque neles achegueime a situacións marabillosas, resolvÃn algunhas incertezas do meu vivir e mesmo atopei argumentos para os libros que escribo". Esta cita do Diario da luz e a sombra (2004) abre a biografÃa para o público infantil e xuvenil da súa autora que asinan en Xerais as académicas Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre, MarÃa Victoria Moreno. A muller que durmÃa pouco e soñaba moito. O libro é "un acto de cariño" que escolle como punto de partida o que acontencÃa na librarÃa Xuntanza de Pontevedra, da que Moreno era socia, e segue o fÃo da súa traxectoria desde a infancia, os anos de formación académica e a súa chegada a Galicia en 1963 ata todo o que virÃa despois: a vida como escritora e docente e tamén a súa actitude valente ante o cancro que sufriu. Ambas as autoras desta obra coñeceron persoalmente a biografiada e, coma ela, dedican boa parte da súa produción literaria aos lectores e lectoras máis novos.
A voz insurrecta. "Esta MarÃa Victoria Moreno foi sempre / snob e insurrecta, / o que leva a moita honra, / anque moitos paus lle deran". Este autorretrato que a escritora debuxou no pregón que leu na Feira do Libro de Pontevedra de 2003 inspira o tÃtulo da biografÃa que Galaxia presenta da protagonista deste 17 de maio, A voz insurrecta. MarÃa Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. A autora, Montse Pena Presas, combina a investigación das fontes co relato biográfico e a análise da obra literaria da escritora. Quizais o obxectivo principal da profesora de Didáctica de Lingua e da Literatura da USC con este volume sexa, expresa ela mesma no limiar, divulgar e animar á lectura da obra dunha autora de textos "esencialmente breves, mais fundamentais para entender as orixes e o primeiro desenvolvemento da literatura infantil e xuvenil galega".
Sementadora de futuro. Isabel Soto e Xavier SenÃn comparten a autorÃa de MarÃa Victoria Moreno. Sementadora de futuro, a biografÃa da protagonista das Letras Galegas 2018 editada por Xerais para o público adulto. "Pareceunos un tÃtulo moi acaÃdo porque a MarÃa Victoria Moreno lle gustaba moito ensinar e estar coa xente nova", conta o tradutor Xavier SenÃn, amigo persoal dela. El foi quen tras o seu pasamento editou os poemas reunidos baixo o tÃtulo ElexÃas de luz e traduciu ao galego Onde o aire non era brisa, a novela que MarÃa Victoria Moreno escribira en castelán en 1969, antes de se instalar definitivamente na nosa lingua tanto na literatura como na vida. A coautora deste volume tamén se dedica á tradución e mais á edición e á divulgación da literatura infantil e xuvenil.
Doce cartas a MarÃa Victoria Moreno. A escritora e tradutora Ãnxela Gracián ofrece para estas Letras Galegas 2018 Doce cartas a MarÃa Victoria (Hércules de Ediciones), unha biografÃa novelada sobre MarÃa Victoria Moreno dirixida ao público infantil e xuvenil contada por un dos seus personaxes, o lobo Garimoso de Mar adiante (1973), que pasa varias noites coa nena Mariquiña sen papala porque a escritora o soñou bondadoso. Fascinado por esa vida de lobo que non se ve na obriga de comer carapuchiñas, Garimoso le todos os libros de MarÃa Victoria Moreno, os escritos por ela e os que sobre ela se escribiron, e decide enviarlle doce cartas nas que vai narrando a vida da escritora. "O resultado foi unha biografÃa posible, que concibe a súa vida como unha historia de ficción entrecruzando o estilo histórico das biografÃas co novelesco das biografÃas literarias", conta a autora no limiar. A obra foi ilustrada por Antonio Seijas.