Notas de prensa

O PPdeG declara o goberno provincial de Lugo e o municipal de Ferrol como zona cero da inestabilidade

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que “tanto o goberno provincial de Lugo como o goberno municipal de Ferrol son a zona cero da inestabilidade e dos gobernos contra a vontade maioritaria dos cidadáns”, xa que amosaron a súa incapacidade para chegar a acordos cos seus socios e para manter a unidade dos partidos.

Tras manter unha reunión do Comité de Cidades, amosouse convencido de mellorar os resultados en todas as urbes da Comunidade e de disputar tamén en todas elas ser a lista máis votada. Neste senso, destacou a importancia deste órgano de traballo que, desde o 26 de setembro de 2016, “leva centrando todos os seus esforzos nas eleccións de 2019, renovando equipos, fortalecendo as estruturas internas e traballando para construír proxectos en positivos, ilusionantes e de futuro para cada un dos 313 concellos de Galicia”.

Para os populares, a próxima cita coas urnas será a oportunidade para “rescatar ás cidades da parálise, do desgoberno e do baixo aproveitamento do crecemento económico que viven baixo os gobernos das Mareas, dos socialistas e dos nacionalistas”. “Estamos ante a posibilidade –engadiu- de consolidar o goberno dunha cidade como Ourense, para conseguir unha maioría suficiente par a sacar adiante todos os proxectos que hoxe ten bloqueados a oposición”.

A IMPLOSIÓN EN LUGO

O secretario xeral do PPdeG tamén se referiu ao “último acto do esperpento” vivido na Deputación de Lugo, lamentando que o Partido Socialista secuestrase unha institución provincial e a fixese vítima das súas loitas internas, dos seus enfrontamentos entre familias e das súas rifas do pasado. Para Tellado, os lucenses están sendo tomados como “reféns” por un goberno que non inviste un só minuto nin un só euro en mellorar as súas condicións de vida.

O número dous dos populares galegos insistiu en que situacións coma esta poñen en evidencia a necesidade de deixar gobernar á lista máis votada, por respecto á vontade dos cidadáns, para evitar a tiranía das minorías e por garantir a estabilidade das institucións.

O TIC-TAC DE VILLARES

Por outra banda, referiuse á falta de autoridade de Luís Villares para convocar unha consulta sobre a continuidade da súa deputada. É por iso que salientou que, tras perder o ultimato que lle lanzou a Paula Quinteiro hai dez días, ao portavoz de En Marea “activóuselle o tic-tac que el mesmo activara contra Quinteiro”.

Segundo Tellado, “Luís Villares demostrou non ser un líder da oposición; Paula Quinteiro demostrou non ser unha digna representante dun pobo como o galego, educado, humilde e respectuoso; e onte Xoán Hermida -o candidato de En Marea por Pontevedra que substituiría a Quinteiro no caso de que esta dimitise e quen tamén tivo un enfrontamento coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado- ensinoulle o camiño a seguir dos que cren que a política se pode exercer co rancio “usted no sabe con quién está hablando”.

Sobre a polémica en torno ao deputado de En Marea e secretario de Organización de Podemos Galicia, Juan Merlo -que incluíu no seu currículo unha licenciatura que non ten-, o secretario xeral do PPdeG manifestou que, neste caso, as Mareas de Podemos volverán perder unha boa oportunidade de ser coherentes e pedirlle o mesmo a Merlo que lle piden a Cristina Cifuentes.

Gabinete de Comunicación del PPdeG, 2018-04-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES