Convócanse os premios Idea 2018 para potenciar os proxectos empresariais por alumnos de FP
Enmarcado no Plan Eduemprende, vai dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas, e este ano está dotado cun total de 12 millóns de euros. Avaliarase a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, asà como a coherencia e carácter innovador dos proxectos, entre outros.
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria vén de convocar, a través do Igape e en conxunto coa ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha nova edición do concurso Eduemprende Idea, co que se busca estimular o emprendemento e a realización de proxectos empresariais entre os alumnos de ensinanzas de Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
O certame vai dirixido ao alumnado matriculado no curso 2017-2018 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos. Este concurso convócase cada ano desde 2015, e este ano está dotado cun total de 12 millóns de euros.
A convocatoria consta de dúas modalidades, A e B, dirixidas ao alumnado de ciclos de grao superior e de grao medio, respectivamente. En ambas as dúas modalidades o primeiro premio será de 3000 euros, o segundo de 2000 e o terceiro de 1000. Ademais, todos os galardoados poderán incorporarse a un viveiro de empresas da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e recibir asesoramento técnico do Igape para desenvolver os seus proxectos.
As solicitudes para participar na iniciativa, en grupos dun mÃnimo de dous e un máximo de catro persoas, faranse preferentemente por vÃa electrónica, cubrindo previamente o formulario descritivo do proxecto a través da aplicación establecida no enderezo de internet http://www.tramita.igape.es; unha vez xerada a solicitude presentarase na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de modo presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A convocatoria pode consultarse na resolución publicada no DOG e os interesados teñen un mes de prazo para presentar as súas solicitudes.
A comisión avaliadora, integrada por dous representantes da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dous representantes do Igape e un profesor que forme parte do programa Eduemprende, terá en conta a viabilidade técnica, financeira e comercial dos proxectos presentados, asà como a coherencia e carácter innovador dos proxectos, entre outros factores que figuran nas bases da convocatoria.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-04-09
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.