Notas de prensa

A segunda edición de #hotelforumcshg afonda nas oportunidades de investimento no sector hosteleiro

O foro, Impulsado por Turismo de Galicia, contará con numerosos expertos que achegarán algunhas das ferramentas para traballar cos novos paradigmas do sector. Celébrase o martes 10 de abril no Centro Superior de Hostelería de Galicia, está dirixido a profesionais, estudantes e interesados en debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento.

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) acolle o martes 10 de abril a segunda edición de #HotelForumCSHG, o foro impulsado por Turismo de Galicia orientado a estudantes e profesionais do sector turístico no que se darán cita numerosos expertos de ámbito nacional e internacional para debater sobre as novas estratexias e oportunidades de investimento no negocio hosteleiro.

Baixo o título Estratexias e investimentos no novo paradigma hoteleiro, #HotelForumCSHG contará con prestixiosos profesionais de empresas punteiras como Alimarket, Accor ou Seggitur, entre outras. Tamén estarán presentes algúns antigos alumnos do CSHG que darán a súa visión desde a súa posición como actuais profesionais do sector turístico.

Esta segunda edición dará comezo o martes ás 9,45 horas no pavillón polideportivo do CSHG en Santiago de Compostela. Afondarase, primeiro, nas últimas tendencias da propiedade dos negocios hoteleiros, analizando a tendencia á concentración de cadeas e de afiliación de hoteleiros independentes a diversas marcas baixo múltiples fórmulas.

Será nunha mesa redonda presentada polo profesor de Aloxamento do CSHG, José Sánchez e moderada polo director de Alimarket, Casimiro Coello. Nela participarán o antigo alumno do centro e actual director do Hotel Blue Coruña, Ãlvaro Lens; o socio e director de Magma Hospitality Consulting, Albert Grau; o director de desenvolvemento de Accor en hoteis de España e Portugal, Jesús Seseña e o director do departamento de hoteis en Savills Aguirre Newman, Jorge Rosillo.

Innovación e emprendemento

A innovación e o emprendemento hoteleiro, así como as novas tipoloxías de aloxamento serán outros dos eixos nos que xirará o foro. Será cunha mesa redonda presentada polo xefe do departamento de Comercialización Hoteleira e Revenue Management do CSHG, Andrés Nieto, e moderada polo director de Relacións Institucionais e Tecnoloxía de Segittur, Víctor Badorrey Fernández-Pacheco. Nesta mesa participan Ignacio Jiménez Artacho, socio fundador de Hidden Away Hotels; Juanjo Bande, Airbnb host e consultor en Erentalsurvey; e os antigos alumnos do CSHG Gonzalo de la Mata Gurriarán, CEO Sleepn Hotels, e Jesús Rodríguez Maseda, director asociado de Horwath HTL España, Portugal e Andorra.

#HotelForumCSHG está dirixido profesionais, estudantes e interesados no sector turístico. A asistencia é gratuíta, previa inscrición na páxina web de Turismo de Galicia ou do Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-04-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES