Notas de prensa

Unha escolma de curtas galegas sobre mulleres abre a carteleira do CGAI no Cineclube Lumière de Vigo

A premiada ‘MatriaÂ’, de Ãlvaro Gago, e os últimos traballos de Beatriz del Monte, Iria Silvosa e Diana Gonçalves conforman a primeira das catro citas programadas ata finais de abril no Auditorio Municipal baixo o epígrafe ‘Sesións de FilmotecaÂ’. Vigo é, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes da programación do CGAI.

Vigo volve ser, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes externas da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia grazas á colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Cineclube Lumière. Una escolma de curtas galegas, seleccionadas con motivo da recente conmemoración do Día Internacional da Muller, centrará o mércores 21 de marzo a primeira das catro Sesións de Filmoteca que terán lugar ata finais de abril no Auditorio Municipal.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidenta do Cineclube Lumière, Xoán Manuel Novegil, asinaron na Delegación Territorial da Xunta en Vigo un novo convenio de colaboración, mediante o que a asociación repite en 2018 como sede da carteleira do CGAI, xunto coa propia sala da filmoteca na Coruña e os cineclubs Padre Feijoo de Ourense e Valle-Inclán de Lugo.

Como parte deste acordo, mañá poderán verse no Auditorio vigués as curtametraxes Pois iso, que te quero, de Beatriz Belmonte; Atisbos, de Iria Silvosa; Palmira, de Diana Gonçalves; e a galardoada Matria, de Ãlvaro Gago, con premios no festival estadounidense de Sundance e na Seminci de Valladolid, entre outros. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Xa en abril, chegarán a Vigo dúas destacadas producións españolas dentro do que foi o panorama cinematográfico independente en 2017, avaladas pola crítica e por premios en diferentes festivais: Los objetos amorosos (día 12), de Adrián Silvestre, e Ternura y la tercera persona, de Pablo Llorca (día 19).

Esta primeira quenda de proxeccións de 2018 concluirá o 26 abril cunha sesión dedicada aos últimos traballos do galego Alberto Lobelle, na que se inclúen Den Pobedy, sobre a celebración nas ex repúblicas soviéticas do Día da Vitoria contra Alemaña na Segunda Guerra Mundial, e o filme paisaxístico Serra da Capelada.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES