Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega prepara unha exposición sobre o Alba de Gloria, de Castelao

O Consello da Cultura Galega conmemora cunha exposición o 70º aniversario da lectura do discurso Alba de Gloria de Castelao. Está prevista nos inicios do outono e ten como obxectivo dar a coñecer o contido e orixes do discurso, o ambiente cultural e social da época na colonia galega e as relevantes figuras da cultura de Galicia.

Alba de Gloria está considerada unha das pezas máis importantes da oratoria en lingua galega. Castelao pronunciou este discurso o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires (Arxentina) diante de centos de membros da diáspora galega. A súa lectura supuxo un enorme impacto entre as comunidades de emigrantes da época. Desde entón, Alba de Gloria continúa a ser un referente simbólico para falar de Galicia, a súa cultura e a súa historia. O Consello da Cultura Galega quere, con esta exposición, contribuír á difusión da figura e a obra de Castelao, especialmente entre as novas xeracións.

Medallas do Consello

O Plenario do Consello aprobou a proposta da Comisión Executiva de recoñecer os méritos e apoios prestados á cultura galega, en especial no exterior, coa concesión das primeiras medallas da institución a Ana Paula Laborinho, directora do Instituto Camões (2010-1017), a Pablo Figueroa Dorrego, conselleiro laboral na Embaixada de España en Brasilia (2012-2016), e, de forma extraordinaria e a título póstumo, a Francisco Lores Mascato, presidente da Federación de Sociedades Galegas e impulsor do Museo da Emigración, en Bos Aires.

Renovación de membros do Pleno

Ademais, o Pleno aprobou a renovación dos membros designados polas institucións que o compoñen, de acordo coas quendas establecidas. Deste xeito, Alicia Estévez Toranzo é a nova representante da Real Academia Galega de Ciencias, Xurxo Gómez Silvestre representará á Fundación Penzol, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (Consello Superior de Investigacións Científicas) e Ãngeles Penas Truque ao Consello Galego de Museos.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2018-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES