O Centro Superior de HostelerÃa gaña o concurso Young Hoteliers Summit
Os alumnos Marta Casas e Pablo González participaron neste evento internacional que explora as tendencias, posibilidades e oportunidades na industria hoteleira. Na 9ª edición deste certame que se celebrou na École Hôtelière de Lausanne, en Suiza, baixo o tema Miradas no futuro: seguindo o impulso do crecemento, formaron grupos con estudantes doutros paÃses.
O Centro Superior de HostelerÃa de Galicia (CSHG), dependente do departamento de Turismo da Xunta, vén de alzarse vencedor entre as 40 escolas máis prestixiosas de todo o mundo participantes no Young Hoteliers Summit (YHS), o evento organizado por estudantes que explora as tendencias, posibilidades e oportunidades no sector hoteleiro.
Na 9ª edición deste certame que se celebrou estes dÃas na École Hôtelière de Lausanne, en Suiza, baixo o tema Miradas no futuro: seguindo o impulso do crecemento participaron os alumnos Marta Casas e Pablo González. Durante varias xornadas desenvolveron diferentes actividades, formaron grupos con estudantes doutros paÃses e presentaron proxectos ata que, finalmente, o CSGH resultou vencedor grazas ao traballo de Marta Casas.
No Young Hoteliers Summit exploráronse temas que abarcan desde novas ideas de marca e esquemas de comercialización ata as tendencias para internet das cousas na industria da hospitalidade e no cambio da paisaxe da propiedade do hotel.
Os oradores principais deste ano foron Tina Haller, directora senior de KPMG; Michael Levie, CEO de CitizenM e Steve Hood, vicepresidente senior de STR. YHS tamén albergou o certificado anual no Hotel Industry Analytics (CHIA), con obradoiros para todos os delegados dos estudantes, no que participaron a directora do CSHG, Marta Fernández Vázquez, e o subdirector, Luis Rial.
Máis de 20 promocións
O CSHG conta xa con máis de 20 promocións no mercado e unha inserción laboral do 95%. Os seus preto de 2.000 antigos alumnos traballan en empresas de todo o mundo. Desde o Centro Superior de HostelerÃa de Galicia, ademais, mantense contacto permanente co sector, pois se realizan xornadas técnicas sobre cuestións de interese e actualidade. Asà mesmo, a súa Escola Itinerante de Formación capacita a pequenos establecementos de restauración nas zonas identificadas cun forte potencial e un menor desenvolvemento.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-15
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.