Notas de prensa

A feira Seafood de Boston, nos EE.UU., exhibe os produtos do mar de Galicia xunto con 11 empresas coexpositoras

A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marítimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número 34. . A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, visitará os días 12 e 13 de marzo a feira co obxectivo de promocionar os produtos pesqueiros galegos e apoiar ás empresas que participan.

A Consellería do Mar participará na feira Seafood Boston 2018, que se celebra nos Estados Unidos de América desde o domingo día 11 ao martes 13 de marzo. A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda, visita o luns e o martes as 11 empresas galegas que acolle o posto da Xunta de Galicia e realizará un percorrido polas instalacións da feira, co obxectivo de promocionar os produtos pesqueiros galegos e chegar a novos mercados.

Así, baixo o paraugas da Xunta de Galicia asisten empresas como Congelados Noribérica, Congelados Troulo, Fandicosta, Fesba, Isidro 1952, Lanzal Productos del Mar, Oversea Atlantic Fish, Pescados Rubén, Pescados Vixa, Congelados Videmar e a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de Productos de la Pesca y Acuicultura (Conxemar). Ademais, tamén estarán presentes na feira con posto propio outras empresas galegas como Grupo Ibérica de Congelados, Stolt Sea Farm, Worldwide Fishing Company e Rotogal.

Galicia participa neste evento cun posto institucional de máis de 167m², que dá cabida ás empresas galegas coexpositoras pertencentes ao sector do conxelado, da conserva e dos produtos do mar procesados. Ademais, o posto da Xunta tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado.

Seafood de Boston

A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marítimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número 34. Nesta feira danse cita máis de 20.000 visitantes profesionais de máis de 100 países. Conta cun espazo de 55.000m² en total, no que se promocionan 1.200 empresas expositoras de 50 países distintos vinculadas aos produtos do mar frescos, conxelados, da acuicultura e envasados e tamén profesionais que se dedican á provisión de equipamentos e transporte, loxística e maquinaria.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES