Notas de prensa

Noa Presas e Olalla Rodil denuncian cunha trainmovie a discriminación ferroviaria de Ourense e Lugo

“Lugo existe, Ourense existe, o Interior de Galiza tamén existe”. É a reivindicación das deputadas nacionalistas por estas provincias. Olalla Rodil: “Viaxar por tren entre Lugo e Santiago son 5 horas, o dobre que entre París e Londres, custa 30,20€ e precisa un transbordo”. Noa Presas: “Se non hai novidades, volveremos levar o debate da estafa do Avant ao Parlamento”.

As deputadas escenificaron nunha viaxe-denuncia entre as capitais do interior e a capital de Galiza para protestar pola discriminación destas en materia de transporte ferroviario, con horarios escasos, duracións de viaxes interminables ou tarifas ata un 60% máis caras que nas liñas de tren do eixo atlántico.

A denuncia, a modo de trainmovie, empezou na estación de Lugo onde Rodil tomou o tren das 11:10 con destino a Ourense, -seguindo a recomendación de Renfe para trasladarse en ferrocarril entre Lugo e Santiago-, desde onde ambas tomaron o tren Avant de enlace a Compostela con chegada ás 16.08. No caso de Rodil, cinco horas máis tarde para un percorrido de 90 quilómetros que en coche consume 75 minutos.

“Chegar desde Lugo a Santiago, -única capital de provincia que non ten conexión ferroviaria directa con Compostela-, leva o dobre de tempo que viaxar en tren de París a Londres, dez veces máis que ir de Vigo a Santiago, mentres que o prezo dos billetes ascende a 30,2€, o dobre que no traxecto entre a cidade olívica e a capital de Galiza”, argumentou Rodil.

“Esta viaxe demostra que as conexións ferroviarias con Lugo son terceiromundistas, non é entendible a discriminación en materia ferroviaria coas provincias de interior”, denunciou a deputada, quen reclamou horarios, prezos e traxectos do século XXI tamén para a cidadanía da provincia lucense.

Presas centrou a denuncia nos prezos do billetes e no abandono das liña rexional que deixa fora do tren a concellos que ata agora si estaban conectado por ferrocarril. Salientou que xa se cumpre un mes desde que o Parlamento aprobou a proposta do BNG para abaratar os prezos dos billetes, -“ o tarifazo da estafa avant”-, e para mellorar a utilización dos bonos descontos.

“Non imos esquecernos desta cuestión e temos iniciativas para facer seguimento que levaremos á Cámara senón hai novidades no curto prazo, porque entendemos que é unha cuestión de xustiza para Ourense e merecemos un tren que nos conecte con prezos e horarios acaídos cando menos coa capital do país, non estamos pedindo ningún luxo exótico”, recalcou.

Presas tamén fixo extensiva a discriminación ferroviaria da provincia ao tren rexional, que prexudica particularmente ao sur de Ourense, unha liña cada vez máis abandonada e peor conectada, con avarías continuadas “pese a que a collen milleiros de estudantes que onte mesmo soportaron unha nova avaría que obrigou ao seu transporte por estrada”. Situacións que se repiten, “son o pan noso de cada día e fai un mes ardeu un tren rexional”, recalcou, “non están garantidas nin a seguridade nin a conectividade, dúas cuestións nas que insistiremos no Parlamento”.

As deputadas por Ourense e Lugo avanzaron novas iniciativas parlamentarias en relación á discriminación ferroviaria que soporta a veciñanza destas provincias, “porque as persoas de Lugo e de Ourense tamén temos dereito a ter un ferrocarril do século XXI, porque o interior tamén existe”, concluíron.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2018-03-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES