Notas de prensa

A catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo, recibe o premio Otero Pedrayo 2017

No Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, a catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), xornalista, escritora e académica da RAG, Margarita Ledo Andión, recibiu o Premio Otero Pedrayo 2017 nun acto no que a tamén escritora Fina Casalderrey foi a encargada de glosar a súa figura.

Coincidindo co 130º aniversario do nacemento de Ramón Otero Pedrayo, a Deputación Provincial de Pontevedra celebrou no Sexto Edificio do Museo o acto de entrega do premio que leva o nome deste escritor á académica, escritora e catedrática de Comunicación Audiovisual da USC, Margarita Ledo Andión.

Margarita Ledo é a primeira muller á que se entrega o Premio Otero Pedrayo nos 40 anos de historia do galardón. Convocado anualmente desde 1977 pola Xunta e o catro deputacións provinciais para recoñecer a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega. A súa candidatura fora proposta pola Deputación de Pontevedra, á que este ano lle tocou convocar este galardón, dotado con 16.000 euros. O premio á académica lucense foi outorgado por unanimidade do xurado.

NotaO fallo recoñece a traxectoria vital, profesional e intelectual de Margarita Ledo, marcada pola súa temperá militancia política, o exilio e o lectorado de galego na facultade de Letras da Universidade do Porto, o xornalismo comprometido e as primeiras investigacións sobre as relacións dos intelectuais republicanos galegos e portugueses. O xurado destacou ademais o seu papel como "pioneira" no uso de xéneros audiovisuais inéditos en Galicia, a perspectiva de xénero empregada en todos os seus traballos e investigacións ou a defensa do idioma galego e a identidade propia de Galicia.

Margarita Ledo Andión naceu en Castro de Rei (Lugo) en 1951 e é escritora, cineasta, doutora en Ciencias da Información pola Universitat Autònoma de Barcelona e catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Real Academia Galega desde 2009, converténdose na quinta muller presente nesta institución, ocupando a cadeira que entre 1929 e 1976 tiña o escritor Ramón Otero Pedrayo.

NotaO acto estivo presidido pola presidenta provincial, Carmela Silva, e contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da académica e escritora, Fina Casalderrey, que foi a encargada de glosar a figura da autora gañadora. As intervencións musicais correron a cargo do dúo feminino Xonxas.

GD, 2018-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES