Notas de prensa

Os números XVI e XVII de Clave Orión homenaxean a Aurora López e a Andrés Pociña

Valentín García e Luz Pozo Garza presentaron o volume noveno da revista que ofrece un percorrido pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017. A revista Clave Orión naceu, herdeira de Nordés, como cabeceira independente en 1995 e ofrece, neste noveno volume da publicación no que se inclúen os números XVI e XVII dedicado monograficamente aos profesores Aurora López e Andrés Pociña.

Os números XVI-XVII da revista de poesía galega actual Clave Orión homenaxean os profesores Aurora López e Andrés Pociña. A publicación, que ofrece nesta entrega o seu volume noveno, presentárona o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais a directora, escritora e académica da lingua galega Luz Pozo Garza. Ofrece un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009 e 2017 e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

“Falar de Luz Pozo Garza é falar dunha das grandes clásicas das letras galegas por excelencia e dunha das voces máis autorizadas da poesía e da literatura contemporáneas”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística, quen sinalou que é unha honra para o Centro Ramón Piñeiro seguir apoiando a publicación.

Tamén participaron no acto os colaboradores da publicación, Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer; os interventores da revista, Luís Alonso Girgado e Armando Requeixo; e a directora da área de literatura do Ramón Piñeiro, Blanca Ana Roig Rechou.

Poesía galega actual (2009-2017)

A revista Clave Orión naceu, herdeira de Nordés, como cabeceira independente en 1995 e ofrece, neste noveno volume da publicación no que se inclúen os números XVI e XVII dedicado monograficamente aos profesores Aurora López e Andrés Pociña en homenaxe, un amplísimo percorrido ilustrado pola poesía galega actual entre os anos 2009-2017.

A entrega figura dividida nas seccións O faro extraviado, Tributo a Federico García Lorca, Donas da palabra, Lembranza de Alexandra Koss, Mensura, Iwerddon, Parteluz, Tributo a Luís Pimentel, Paradiso, A pluma na man e Partitura. Contén colaboracións de Manuel Ãlvarez Torneiro, Carmen Blanco, Gabriel Bussi, Alex Evangelista, Cristina Fiaño, Arantxa Fuentes, Susana García de Quirós, Aurora López, María Lopo, Luis Maquieira, Shozo Nakanishi, Nieves Neira, María Novo, Olga Novo, Olga Patiño, Mar Pereira Vidal, María Pereira, Andrés Pociña, Luz Pozo Garza, Jacques Prévert, Claudio Rodríguez Fer, Meli San Martín, Aurora e Clementina Vidal.

A publicación edítase coa axuda da Secretaría Xeral de Política Lingüística, por medio do Centro Ramón Piñeiro, supervisada por Natalia Regueiro e Laura Piñeiro Pais e co labor como interventores de Luís Alonso Girgado e de Armando Requeixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES