Notas de prensa

O BNG xustifica que a súa campaña para o 8 de marzo rompe o políticamente correcto

“O mais grande de Galiza está até a cona" é o lema da campaña do BNG para o 8 de marzo. A voceira da formación nacionalista Ana Pontón xustifica que esta iniciativa “rompe co politicamente correcto porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”. Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas”.

O BNG lanza a campaña do 8 de Marzo Día internacional da muller que nesta ocasión aposta por romper co politicamente correcto para mandar unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia, “porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas”, en palabras da portavoz nacional, Ana Pontón.

Unha campaña directa e contundente necesaria nun momento no que se repiten “actitudes neomachistas” desde o Goberno, tanto do Estado como do galego, que a dirixente do Bloque ilustrou con dous exemplos. “Hai dous detonantes claros que nos levan a facer esta campañ: O primeiro son as declaracións do presidente do Estado, Mariano Raxoi, que cando lle preguntaron sobre a discriminación salarial das mulleres responde literalmente no nos metamos en eso”. “O segundo son as campaña paternalistas e cousificadoras da Xunta toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP ten das mulleres”.

Neste contexto, e precisamente a esas campañas oficiais tinguidas de paternalismo, replica o BNG, tanto no seu lema de campaña, -proclamando que “O máis grande de Galiza está até a cona...”-, como nas imaxes, -que remedan cun toque de humor a asociación de mulleres con monumentos do patrimonio arquitectónico de Galiza-.

“Por iso lle dicimos ao PP e ao señor Feixóo, e estou segura de que o van entender, que o máis grande de Galiza está até a cona, e repito, o máis grande de Galiza está até a cona de cobrar menos salario polo mesmo traballo, de ver como as mulleres son maltratadas e asasinadas pola violencia machista, fartas de que a conciliación da vida familiar e laboral sexa unha carreira de obstáculos que recae sobre as nosas costas, e estamos fartas de que nos toque a peor parte polo simple feito de ser mulleres”, salientou Pontón, enumerando as motivacións desta campaña.

Unha campaña “para denunciar as desigualdades, abrir un debate sobre o que está pasando neste momento e dicir alto e claro que, ante os 8M non valen de nada as campañas rituais, nin os lazos lila que seguramente veremos en moitas solapas de señores do PP, e tampouco valen de nada as palabras baleiras de contido que non se acompañan de feitos que realmente defendan a igualdade e os dereitos das mulleres”, explicou a portavoz nacional na presentación dunha campaña coordinada pola secretaria da Muller, Noa Presas, cunha nutrida representación de responsables políticas do BNG.

Pontón aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día catro en Vigo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou Pontón, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2018-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES